| |
Persoas
Nesta
seccións recónllense as biografías das persoas máis
salientables de Brión. Estas son as últimas incorporacións
+ Máis biografías"
Buscas
Podes
facer a busca indicando o nome ou apelidos da persoa ou seleccionado a
categoría na que pode estar inscrita
|
|
|
Xosé Vizoso
Data de nacemento:
01/01/1950
Este artista mindoniense traballa dende hai 30 anos como deseñador do Grupo Sargadelos, no Instituto Galego de Información (IGI), en Santiago.
Algunha vez pintou. Algunha vez, Xosé Vizoso ilustrou libros de autores famosos, en libros vellos dos nosos vellos escritores galegos. A súa man deixou pegada en varios textos de Neira Vilas -De Cando Suso foi carteiro (1988); Chegan forasteros (1992)-, en pezas teatrais de Eduardo Alonso -O país acuático (2001)-, en murais contra a represión franquista -I Xornadas sobre a Represión, Solidariedade e Resistencia Antifranquista, organizadas pola Asociación Arraianos, en Celanova-. Vizoso foi e segue sendo un artista comprometido. Un dos seus traballos máis recentes é a creación da cuberta para as memorias de Luis Tobío, "unha das figuras clave do renacemento cultural galego do século XX". Desta e doutras experiencias fálanos o artista dende a súa casa de Brión de Arriba, unha casa de pedra que atesoura parte da obra deste extraordinario ilustrador.
|
|