Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail



Paisaxe
Vida cotiá
Viaxes de veciños

 

Paisaxe

Nace BriónTV, un portal de vídeos sobre o concello

El Correo Gallego

Recolle curtos de Youtube sobre monumentos ou festas, entre outros. O sitio chámase briontv.blogspot.com.

O audiovisual marca tendencias, opinións e supón unha das ventás máis demandadas para coñecer un territorio. E en Brión souberon aproveitarse desta circunstancia poñendo en marcha o portal web, briontv.blogspot.com, co que se pretende "amosar ás excelencias do municipio a todos os internautas a través de videos relacionados" con este territorio de Amaía, apuntan dende o Concello.

A idea do Concello é abranguer todos os ámbitos, dende a cultura ata os deportes, infraestruturas ou vida diaria dos brioneses, di Xullo Mallo, técnico municipal de novas tecnoloxías. A día de onte, o portal contaba cunha selección de doce videos á espera de que cheguen novas achegas de veciños ou calquera internauta decidido. Ademais, e para facilitar o acceso, hai unha entrada na propia páxina web municipal www.concellodebrion.org. Para usar esta plataforma, os interesados só teñen que cubrir un cuestionario existente no blog e cumprir o requisito técnico de que os seus traballos estean previamente colgados en youtube.

Entre as 12 entradas xa dispoñibles hai 4 relacionadas coa paisaxe local (Torres de Altamira, capela de Santa Minia, muíños do municipio e outro de San Xulián de Bastavales); tres sobre deportes (partidos do equipo Bastavales); dous sobre xuventude e a súa viaxe a Valencia; outras dúas de infraestruturas (estado do IES de Viceso e un paseo por a AG-56) e unha de festas.

[Fonte: El Correo Gallego]
Ligazón coa noticia

 

 

Sons [Espera uns segundos para escoitar o son]
- Non hai

Vídeos [Espera uns segundos para ver os vídeos]
- Non hai

Información relacionada
- Non hai

Foros relacionados
- Non hai

Máis traballos sobre a paisaxe
Data Título
05/03/2010 A Biblioteca Municipal presenta a súa programación de actividades 2010
12/05/2009 Feira do Libro de Brión 2009
12/02/2008 Ábrese ao tráfico a AG-56 de Santiago a Brión
01/02/2008 Política Territorial inicia o estudo para a ampliación da ponte sobre o Rio Sar
13/09/2007 O Castro Lupario será declarado ben de interese cultural
23/07/2007 A tradición froiteira de Brión
16/07/2007 Brión, concello de grande riqueza natural
22/06/2007 Chave de Ponte. Orixe, evolución e crecemento dunha aldea rural galega
11/05/2007 O grupo de voluntariado ambiental do Concello de Brión achégase á parroquia de Ons
16/03/2007 A igrexa de Bastavales é punto clave da rota rosaliana
16/03/2007 Está a punto de rematar o saneamento integral do municipio, cunha rede que supera os 100 quilómetros de lonxitude
24/01/2007 Saneamento da nosa Carballeira
18/01/2007 Listaxe de premiados no Concurso de Tarxetas
22/05/2006 Veciños de Brión percorren unha nova ruta de sendeirismo
02/02/2005 Coñece as rutas de sendeirismo do concello de Brión
28/07/2004 O Natural é Reciclar
25/06/2004 Praia fluvial brionesa de Ponte Nináns
23/10/2003 As Augas Ferras abren o apetito

Envíalla a un amigo
Envíalle esta información a un amigo

 
     

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)