| |
Noticias
Programa de Formación 2010 do Concello de Brión
Casa da Cultura. Concello de Brión
Todas aquelas persoas interesadas en acceder á variada oferta formativa proposta polo Concello de Brión, xa poden coñecer os diferentes cursos e obradoiros que se van a convocar ao longo do presente ano.
Para 2010 o Servizo de Formación do Concello de Brión ofrece a todos os veciños unha completa axenda repleta de actividades formativas de diferente tipoloxía, composta tanto por cursos de tipo presencial como outros aos que se pode acceder a través de Internet.
Formación on-line:
A través do portal www.briondixital.org os interesados en iniciarse nas novas tecnoloxías ou perfeccionar os seus coñecementos poderán acceder a unha ampla oferta de cursos e obradoiros:
-Ofimática: Microsoft Office, Openoffice, Linux
-Xestión PEME’S: Contaplus, Nominaplus, Facturaplus.
-Deseño: Photoshop, Dreamweaver, Indesign, blogs
-Obradoiros: busca na rede, correo electrónico, gravación CD e DVD, busca de emprego, renda por internet, mapas e navegación na rede, redes sociais (Facebook, Tuenti, MySpace), formatos
musicais e de vídeo, certificados dixitais, administración electrónica...
Formación presencial:
Neste eido, xunto aos cursos e obradoiros de informática (ofimática, procura de traballo, SIXPAC, renda por internet…), tamén se propoñen ciclos formativos destinadas a xestión de PEME’S, formación ocupacional, idiomas (CELGA), formación ocupacional, asociacionismo, voluntariado e tempo libre, fotografía e vídeo dixital, música.
Cada curso anunciarase a través dun bando municipal, así como nas páxinas web do concello, no mes anterior á data de comezo do mesmo. O prazo de inscrición dos cursos comezará no momento en que se anuncie mediante bando municipal. Para a realización dos diferentes cursos será necesaria a inscrición dun número mínimo de participantes. Terán sempre preferencia os veciños do Concello.
|
|
|
Sons
[Espera
uns segundos para escoitar o son]
- Non hai
Vídeos
[Espera uns segundos para ver os vídeos]
- Non hai
Hemeroteca
+
Máis noticias
Foros
relacionados
- Non hai
Enquisas
relacionadas
- Non hai
Buscas
Busca
a noticia que necesitas
Envíalla
a un amigo
Envíalle
esta información a un amigo
|
|