Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail



Presentación
Xestión e administración
O Instituto na memoria
O obradoiro do sabio
Excursións didácticas
Actividades deportivas
Festas e conmemoracións
Vida cotiá no instituto
Revista do instituto
Axenda
Taboleiro de novas
Xogos
Cartas ó director
Asociación de pais e nais
Asociación de ex-alumnos


Ciberinstituto de Viceso
O instituto na memoria
 

Traballar limpando estradas, botando asfalto e amañando os camiños non é só cousa de homes
Felisa Otero: Muller-peón no Concello de Brión
Aínda agora segue sorprendendo que unha muller se dedique a estes labores. A min non me preocupa

IES de Viceso

Felisa Otero Vilas é natural de Cornanda , á primeira vista transmite a fortaleza e enerxía necesarias para desenvolver un traballo duro e sacrificado. Falando con ela descubrimos esas mesmas características engadidas a que é unha muller próxima, tenra e moi, moi alegre.

"É unha realidade que as mulleres traballamos fóra e dentro da casa. Eu no meu caso teño a sorte de contar coa colaboración dos meus fillos e do meu marido para que as cargas domésticas sexan máis levadeiras e así non recaian soamente en min. Intento que os meus fillos entendan que a casa é unha laboura de todos os que nela conviven e por iso trato de educalos o mellor que podo para que o día de mañá se viven sos saiban facer de todo e se teñen parella podan facer as cousas de casa xuntos."

-¿A que se dedica vostede?
Son peón no concello de Brión dende hai tres anos. Limpo as estradas, boto asfalto amaño os camiños...e todo iso. O meu traballo é todo manual, non utilizo maquinaria.

-¿É moi duro?
Non, lévase ben, hai días mellores que outros pero normalmente lévase ben. Pode parecer un traballo arriscado pero polo de agora non tiven nunca unha lesión nin sufrín ningún accidente.

-¿Por qué escolleu este traballo?
O primeiro apunteime no INEM xa que necesitaba traballar e saíume esta oferta , de feito o primeiro ano estiven traballando nas brigadas contraincendios e agora dedícome a amañar as estradas e as pistas.

-Cando comezou a traballar ¿cal foi a reacción da súa familia, do seu home?
Tiven a sorte que o meu home animoume dende o principio e a miña sogra tamén. De feito toda a miña familia estivo ó meu lado á hora de tomar esta decisión. Non importaba o tipo de traballo que ía facer, só tiveron en conta que o importante para min era traballar.

-¿Cre vostede que a educación que recibiu respecto da que puideran recibir os seus irmáns influíu dalgún xeito?
Eu creo que se tivera estudios tería un traballo mellor considerado, pero o importante nos tempos que vivimos é poder traballar e ademais teño a sorte de facelo cerca do lugar onde vivo.

-¿É consciente de que cando comezou neste traballo foi un exemplo para outras mulleres do concello?
Si, sei que houbo algunhas persoas ás que lle chamou moito a atención que unha muller se puxera a facer un traballo "de homes" , penso que non só aconteceu esto nos meus comezos, senón que aínda agora segue sorprendendo que unha muller se dedique a estes labores. A min non me preocupa.

- Logo,¿moléstalle sentirse observada pola xente cando traballa?
Non,en absoluto. Para min todo é normal, eu fago o meu traballo e non estou pendente dos demais. Trato de levarme ben cos meus compañeiros, que son homes todos eles, e tento sentirme como unha máis dentro do grupo. Nunca tiven ningún problema e dende o principio me levei moi ben con eles.

-¿Sabe dalgunha outra muller que teña este oficio?
Non,aínda que me gustaría que houbera moitas máis na brigada. Cantas máis mellor.

-¿Que pensa vostede da situación das mulleres que traballan fóra da casa?
É unha realidade que as mulleres traballamos fóra e dentro da casa. Eu no meu caso teño a sorte de contar coa colaboración dos meus fillos e do meu marido para que as cargas domésticas
sexan máis levadeiras e así non recaian soamente en min. Intento que os meus fillos entendan que a casa é unha laboura de todos os que nela conviven e por iso trato de educalos o mellor que
podo para que o día de mañá se viven sos saiban facer de todo e se teñen parella podan facer as cousas de casa xuntos.

FELISA OTERO: "Aínda agora segue sorprendendo que unha muller se dedique a estes labores. A min non me preocupa".

Traballo realizado polo alumnado de 1º.B.


 

 

 

 

 



Sons [Espera uns segundos para escoitar o son]
- Non hai

Vídeos [Espera uns segundos para ver os vídeos]
- Entrevista a Felisa Otero

Foros relacionados
- Non hai

Persoas relacionadas
- Non hai

Información relacionada
- Non hai

Envíalla a un amigo
Para enviarlle esta información a un amigo, preme aquí

 

 

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)