Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail



Presentación
Xestión e administración
O Instituto na memoria
O obradoiro do sabio
Excursións didácticas
Actividades deportivas
Festas e conmemoracións
Vida cotiá no instituto
Revista do instituto
Axenda
Taboleiro de novas
Xogos
Cartas ó director
Asociación de pais e nais
Asociación de ex-alumnos


Ciberinstituto de Viceso
Asociación de pais e nais
 



Aquí poderás atopar a información da asociación de pais e nais da escola de Pedrouzos-

04/01/2006
A Asociación de Nais e Pais de alumnos informan sobre os trámites na xestión do novo centro
Nota informativa da ANPA
Convocarán unha asamblea na primeira quincena de Decembro para estudiar a situación

No compás de espera que se está a vivir no IES Esparís no referenta á construcción do novo centro, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do centro enviou un comunicado aos pais do alumnado para informar da situación actual e dos próximos pasos a seguir pola directiva da mencionada asociación.

A carta dirixida aos proxenitores dos alumnos di textualmente: A Xunta Directiva da ANPA quere informar dos trámites realizados sobre a xestión do novo centro. Na entrevista mantida co Delegado de Educación e coa Dirección do Centro, éste comentounos que estaban barallando a posible ampliación do centro ou a construcción dun novo, en base aos informes que tiñan, comprometéndose antes de finaliza-lo mes de Novembro, a darnos información concreta das decisións da Consellería. Mediante conversación telefónica co Delegado, sabemos que non vai a haber ampliación e que a construcción do novo edificio está condicionada a dispoñer de terreos máis axeitados para o Instituto, así coma buscar unha alternativa ao uso do edificio actual. Parece ser que hai outra Consellería interesada na adquisición do edificio e hai unha oferta por parte do Concello duns novos terreos que sí son do agrado da Consellería de Educación. A petición da ANPA, visitaron o centro dous parlamentarios (do PSOE e o BNG) e se fixeron eco da situación precaria na que están escolarizados os nosos rapaces. Posteriormente, o Delegado nos confirma telefónicamente que “todo vai ben”, non están descartados os prazos previstos (no curso 2006-2007) e intentarase continuar co proceso aberto e adxudicar o concurso adaptándoo aá nova situación, polo que esperamos en breve a firma dun novo convenio. Temos solicitada unha entrevista co Secretario Xeral de Educación para trasmitir a nosa preocupación sobre a demora dos prazos e a dotación presupostaria. Esperamos obter un compromiso en firme a este respecto, na vindeira semana. Na primeira quincena de Decembro, convocaremos unha asamblea para estudiar as medidas a tomar, en función do desenvolvemento dos acontecementos.

 

 

 



Actividades


Data Título
29/03/2004 Asamblea extraordinaria.

 

 

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)