Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail



Presentación
Xestión e administración
O Instituto na memoria
O obradoiro do sabio
Excursións didácticas
Actividades deportivas
Festas e conmemoracións
Vida cotiá no instituto
Revista do instituto
Axenda
Taboleiro de novas
Xogos
Cartas ó director
Asociación de pais e nais
Asociación de ex-alumnos

 

Ciberinstituto de Viceso
Actividades deportivas

Unha fiestra aberta ó deporte do IES Brión

GIS-T Idega

Se a integración de Internet no IES Brión é evidente, máis evidente é aínda é a integración do IES Brión en Internet. Se probamos a introducir o nome do centro nun buscador da rede, as entradas que se atopan cóntanse por milleiros, se ben o máis chamativo de todo é que o centro conta, actualmente, con tres páxinas adicadas á información sobre as súas actividades. Por unha banda, a páxina informativa realizada polos propios profesores do centro e albergada na web da Consellería de Educación, http://centros.edu.xunta.es/iesdebrion/. Por outra, a sección de Ciberinstituto da nosa páxina web, InfoBrión; e por último, Maniotas, http://maniotas.cesga.es/, un sitio web adicado á materia de Educación Física, desenvolta por Carmen García, profesora desta asignatura no centro, e que conta cunha función específica para a participación e información dos seus alumnos e alumnas.

Este proxecto virtual leva a desenvolverse dende o pasado 2006 e pouco a pouco foi crecendo ata converterse nunha completa guía sobre a Educación física a nivel de Secundaria, pero tamén nunha fonte de información que inclúe materiais didácticos, probas ou apuntamentos. Plantexado para o intercambio con outros educadores e con persoas interesadas na materia, Maniotas é, ó mesmo tempo, unha canle de comunicación entre a propia Carmen e os seus estudiantes, quen poden descargar contidos, atopar novas ou participar activamente na evolución da páxina.

Consciente da importancia da introducción e uso das novas tecnoloxías no sistema educativo actual, Carmen creou un espazo propio con varios obxectivos. Facilita-lo proceso activo do ensino-aprendizaxe, aportar ferramentas de traballo e información ou promociona-lo uso da lingua galega, son só algúns dos propósitos desta web pioneira. Un proxecto que esperemos que sexa só o inicio dun cambio na forma de entende-la educación e a comunicación profesor-alumno.

Dende InfoBrión querémoslle da-la noraboa a Carmen por esta iniciativa e animala a continuar coa esta necesaria labor.

Para visitar Maniotas só tes que premer en calquera dos enlaces do texto.

   

Sons [Espera uns segundos para escoitar o son]
- Non hai

Vídeos [Espera uns segundos para ver os vídeos]
- Non hai

Foros relacionados
- ¿Que opinas sobre as escolas deportivas do Concello de Brión?
- ¿Qué opinas da SD Brión e do seu posible ascenso na tempada actual?

Persoas relacionadas
- Non hai

Información relacionada
Data Titulo
06/06/2007 O IES Esparís fai doblete na rede de redes
27/02/2007 Os estudiantes do IES Esparís aprenden unha centenaria loita brasileira: a capoeira
07/11/2006 Os alumnos do IES Esparís puxeron a proba a súa condición física
15/03/2004 Entrevista a Anxela Regueiro, xogadora dun equipo feminino de fútbol sala.

Envíalla a un amigo
Envíalle esta información a un amigo

 

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)