| |
| Benvido
ó foro ¿É necesario un novo Instituto en Brión? |
|
tobio
publicou
o 20-11-2003 10:43:12 |
| Entendo que si é necesario, sobre todo se, como se espera, a poboación de Brión vai en aumento. De todos os xeitos, non teño claro que a Consellería de Educación, coa política de restriccións presupostarias que segue, que está supondo o peche constante de unidades e escolas, estea por investir nun novo edificio. Tal vez os pais teñamos algo que dicir. |
|
|
Carlosf
publicou
o 21-11-2003 08:21:35 |
| A construcción do novo instituto no Concello de Brión é unha necesidade social incuestionable. Sería de gran interese crear un complexo educativo en Pedrouzos onde puideran convivir a escola de primaria co instituto de secundaria. As comunicacións e accesibilidade a este complexo educativo serían óptimas por localizarse na cabeceira municipal e na parte máis poboada do Concello.
Sen dúbida, tódolos veciños de Brión debemos comprometernos con esta causa. |
|
|
carmen
publicou
o 24-11-2003 08:11:05 |
| Penso que é necesario un novo instituto en Brión, tendo en conta que os alumnos e alumnas actuais non collen nas aulas e que están a usarse aulas específicas como aulas de desdobres. Tamén hai que ter en conta que os espacios de recreo non son suficientes para cubrir as necesidades do alumnado. Tamén sería importante pensar en ampliar a escolaridade obrigatoria con bacharelatos e ciclos formativos e co espacio actual no sería posible. |
|
|
xpena
publicou
o 16-12-2003 16:18:16 |
| A comunidade educativa do I.E.S. de Viceso ven reclamando dende que se inaugurou o Instituto as melloras necesarias e imprescindibles, tanto en infraestructuras como en equipamentos, que permitan impartir ós rapaces e rapazas de secundaria do noso Concello unha ensinanza de calidade e de acordo ós parámetros legalmente establecidos e como solución definitiva a creación dun novo Instituto na zona baixa do concello (Pedrouzos - Os Ánxeles)
No inicio do presente curso a prensa volvía a facerse eco das grandes carencias deste centro:
· menos aulas que grupos de alumnos/as
· masificación das clase con cursos de ate 30 alumnos/as por aula
· ocupación como aulas de locais que estaban destinados para oficinas
· as aulas de educación plástica, música e tecnoloxía seguen sen estar debidamente equipadas e acondicionadas.
· suspensión dos programas de garantia social por falta de espacio.
A todo esto hai que engadirlle a súa mala localización nun estremo do municipio o que obriga a totalidade dos alumnos/as da parte baixa do concello, que son maioría no centro, a facer desprazamentos en autobús en moitos casos de ate unha hora de duración por pistas en moi mal estado. Esta ubicación nunha zona tan illada impide ós rapaces facer uso dos equipamentos deportivos e culturais como o pavillón de deportes e a biblioteca pública, tan necesarios para complementar a súa etapa de ensino obrigatorio.
O actual centro de Esparis-Viceso carece de terreos que puideran permitir unha hipótetica ampliación, polo demais é un centro onde tan solo se imparte a etapa da ensinanza obrigatoria (ESO), non imparte nin vai a impartir nunca a chamada ensinanza posobrigatorio (bacharelato e ciclos formativos de formación profesional). Convén recordar que o actual IES de Viceso naceu da reconversión do que era antes un colexio de EXB. Cando daquela o actual goberno municipal fixo esa proposta á Xunta de Galicia xa houbo moitas voces que decian que era unha mala alternativa. Era daquela cando se debeu reclamar un novo centro na zona baixa, hoxe é certamente moi difícil conseguilo aínda que as previsións de crecemento de poboación, e polo tanto de rapaces e rapazas en idade de escolarización, é moi alta, o mesmo Plan xeral de Ordenación fala de duplicar a poboación nun corto período de tempo e a vista está o forte crecemento urbano na zona de Os Ánxeles -Pedrouzos.
Hoxe a solución definitiva pasa pola creación dun novo centro na zona de Os Ánxeles - Pedrouzos que é a área onde se concentra maioría da poboación escolar do concello, a de maior crecemento e onde se sitúan os equipamentos complementarios. Neste novo centro deberíase impartir toda a secundaria obrigatoria, algún dos distintos bacharelatos e algún ciclo formativo de formación profesional. A comunidade educativa debe reclamar da Xunta de Galicia este proxecto como unha necesidade urxente e que para os presupostos do ano 2004 dote xa unha partida que permita iniciar o proxecto. O goberno Local debe, canto antes, facerse cos terreos necesarios para poñer a disposición da Conselleria de Educación, convén saber que a primeira condición que sempre pon a Conselleria é que o concello lle aporte os terreos necesarios para acometer a obra, se non hai terreos non hai obra, que foi xa o que aconteceu cando se dicideu ubicar o actual Instituto en Viceso.
A comunidade educativa, profesores/as, pais, nais e alumnos/as, as forzas políticas e sociais do concello e o goberno municipal deben axuntar esforzos para sacar adiante un novo Instituto para Brión.
Xesús Pena Espiña
Concelleiro do B.N.G. en Brión |
|
|
concellobrion
publicou
o 18-02-2004 01:58:07 |
| Este coñecido texto, que o concelleiro do B.N.G. ten presentado como moción ó Pleno da Corporación, publicado no boletín da súa agrupación local e tantas veces resumido en notas enviadas por el á prensa, recolle unha aspiración que tódolos veciños do Concello compartimos, como é a creación dun novo instituto de secundaria. Pero hai algunhas afirmacións no escrito que hai que matizar. Coma tal:
1. Que a reconversión do colexio de Esparís en instituto de ESO non era unha boa solución viámolo todos e non naceu sen máis como proposta do goberno municipal. Isto foi un “mal menor” para evitar que Brión quedara sen instituto e os nosos rapraces tiveran que ir cursa-la ESO en Ames ou Negreira, como pretendía a Consellería de Educación. Houbo unha asemblea de máis de 250 pais e nais onde se acordou por unanimidade solicita-lo instituto para Viceso.
2. Dende que se aprobou o plan de urbanismo, hai unha parcela de máis de doce mil metros cadrados ó pé do actual colexio de Pedrouzos destinada á construcción do novo instituto de secundaria, e isto comunicóuselle reiteradas veces á Consellería de Educación. Se non se lle entregou o solar é porque –a pesar da insistencia do Concello e da comunidade educativa- a Consellería aínda non confirmou a creación do centro e, polo tanto, non solicitou os terreos. Daránselle tan axiña como os pida.
Reclamámo-lo novo instituto porque o actual é insuficiente, porque queremos que en Brión se imparta tamén a ensinanza secundaria postobrigatoria e, razonablemente, cremos que debe estar arredor de Pedrouzos, porque aquí é onde se concentra a poboación. Pero a razón para trae-lo instituto dende Viceso para a zona baixa do Concello non son os “desprazamentos en autobús en moitos casos de ate unha hora de duración por pistas en moi mal estado” nin a actual “ubicación nunha zona tan illada...” Se de algo pode presumi-lo noso concello é de te-la rede de comunicacións “en bo estado”. Para comprobalo non hai máis que dar unha volta polos arredores do noso municipio. Por outra parte, se houbera unha hora de autobús para ir ata Esparís, a mesma duración terá a viaxe dende Esparís ou de calquera aldea da zona alta do concello ata onde se ha ubica-lo novo instituto. ¿Ou é que non son iguais os nenos de Viceso ou as nenas de Cornanda cós de Brión ou dos Anxeles? A chaque do cambio do instituto tense oído moito esta cantinela. E non é bo encirrar a uns veciños contra outros, maiormente se quen o fai é o representante dun partido político que, por declararse nacionalista, di defende-las esencias da Nosa Terra. ¿Ou non? |
|
|
begonhita
publicou
o 16-06-2004 15:12:03 |
| eu non sei nada |
|
|
Carlosf
publicou
o 06-07-2004 00:28:38 |
| Diante de nova de que teremos un novo instituto en Brión coido que debemos alegrarnos. Coido que o feito de ser anunciado pola dirección do propio Instituto de Viceso, que non esquezamos é unha institución propia da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, permite ser optimista ó respecto. Tódolos veciños e veciñas de Brión debemos arrimar o ombreiro e tirar do carro no mesmo sentido pois o interés é común para toda a comunidade. Quizáis poderiamos comezar a debater sobre o nome que levará o novo instituto e, tómome a liberdade de propor o do mestre de músicos e fundador da banda de música de Bríón, coñecido como Magariños; un avanzado do seu tempo que se adicou a ensinar e difundir a música e a tocar os instrumentos musicais polas aldea e parroquias de Brión. Os nosos maiores aínda poden lembrar isto. |
|
|
hubber_11
publicou
o 06-04-2005 13:22:28 |
| Penso que non, o que pasa e que os profesores non lle apetece subir ata a zona alta do concello. |
|
|
dragontunigblack
publicou
o 13-11-2005 17:30:08 |
| eu penso que si é necesario facer un novo instituto pola sinxela razónde de que este quédanos pequeno, cae a cachos e aínda por encima non temos suficiente material.
tamén temos un sinnaxio que da pana velo.
necesitamos un instituto novo, onde collamos todos, onde teñamos suficiente material, e como non, un instituto que non se encha de auga. |
|
|
wuintung
publicou
o 15-11-2005 12:30:02 |
| Pois bueno, eu tampouco hai seculos que sain de ala pero non me parece que caia a cachos, todo o contrario, esta moi ben. E o ximnasio non sei que problema ten, que alguen me diga un. Vale que o instituto debe estar no zona de abaixo porque somos mais habitantes, pero os de arriba tamen teñen o mesmo dereito. Que se deixen xa de tonterias e escusas e digan a verdadeira razon de porque se fai o intituto abaixo e a xente entenderao. Ademais segun teño escoitado antes de facerse o actual instituto eses terreos eran pa un campo de futbol, e agora a parroquia de Viceso quedase sen campo e sen instituto, xa habia que facer ben as cousas dende un principio e non querer amañalo agora de unha forma precipitada e deixar os demais sen nada. Non e certo? |
|
|
beinha
publicou
o 27-12-2005 15:33:25 |
| penso que é necesario un novo instituto en brion, pero tamen penso que tanto a alguns profesores coma alumnos non lles apetece vir ata viceso á clase. de seguirmos así os de arriba quedaramos sen nada. |
|
|
kaylon
publicou
o 03-01-2006 20:52:44 |
| Pode ser... o que pasa e que se esta a ter moi pouca consideracion coa xente da zona alta do concello, ainda que xa nunca se tivo, de cativo (bueno non tan cativo) para poder ir xogar o futbol tiñamos que saltar as vallas do colexio para xogar debido a quen era o unico sitio que habia, total para que a media hora nos viñeran a botar e ter que xogar na carretera, porque hai que recordar que xa non e que eses terreos era pa un campo, senon que decian que para o campo habia outros terreos E QUE NUNCA SE FIXO, e non e o detalle de estar sen campo, senon sen ningun sitio, para xogar os picaros teñen que coller as bicicletas para ir a luaña e o fin o parque que hai ali tamen esta que da pena, e non falemos da piscina!!! eso xa e un cachondeo! asi ten a xente que ten, eu xa arranco para tapia, porque para ir ali e ter a herba de medio metro, a piscina pequena chea de merda e na grande uns gitanos lavandose dame......!! xa non teño palabras. |
|
|
risitas
publicou
o 14-06-2006 10:24:02 |
| creo que dende logo o deberian de facer porque o de viceso esta moi vello pero se o fan o mellor seria facelo co bacharelato |
|
|
risitas
publicou
o 14-06-2006 10:24:05 |
| creo que dende logo o deberian de facer porque o de viceso esta moi vello pero se o fan o mellor seria facelo co bacharelato |
|
|
friki-ruben
publicou
o 14-06-2006 17:55:22 |
| penso o mesmo que risitas. teñeno k facer a forza e non polo veran, que se non non hai piscina en Brión...............haberá k joderse!!!!!!!!!!!!!! |
|
|
|
|
Foro pechado |
| Data peche: 27/10/2006 |
| Hora peche: 23:00 |
|
|
|
|
Foros
relacionados
- Non hai
Buscas
Busca
a noticia que necesitas
|
|