Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail
 
 
Benvido ó foro ¿Que opinas acerca da paralización do proxecto de construción do novo instituto de Brión?
brion publicou o 28-10-2005 18:17:51
Coido que é unha mala nova para todos os veciños e veciñas do Concello de Brión. O profesorado, os alumnos e os pais e nais de alumnos confiaban na execución dun plan que agora mesmo o actual goberno da Xunta parece desestimar. As condicións de traballo no centro de Esparís non son as desexadas e os principais prexudicados son os profesores e os alumnos que se ven obrigados a realizar as súas actividades diarias nun centro que non reúne as condicións necesarias para albergar o actual número de estudiantes matriculados. O longo do ano pasado o persoal docente, dirixido polo seu director Luciano Fernández, manifestou en múltiples ocasións as carencias do centro e mobilizouse para reclamar un novo centro de educación á Consellería de Educación. Finalmente, responsables da Xunta de Galicia entenderon a necesidade real de construír un novo centro e, despois de ser publicada a nova no DOG, agora atopámonos nunha situación confusa e de espera acerca da construcción do novo Instituto de Educación Superior en Brión. Como veciños interesados en coñecer a verdade, este foro significa unha oportunidade para expresar publicamente o noso malestar, así como para preguntarnos por qué chegamos a esta situación.

pepeames publicou o 03-11-2005 11:30:10
Coido que o concello de Brión non merece un novo instituto, xa teñen un e facer outro na miña opinión sería un despilfarro. Os cartos de todos hai que gastalos con senso e antes de facer un novo instituto en Brión é necesario cubrir outras localidades que nin sequera teñen instituto (Milladoiro) e por tanto meréceno máis. É a miña opinión, outra cousa é que nos deixemos levar por localismos.

Carlosf publicou o 04-11-2005 13:07:30
Non hai dúbida de que as necesidades de espacio no IES de Viceso son urxentes. Dificilemente se pode desenvolver un ensino con un mínimo de calidade se non existen aulas suficientes e espacios suficientes para biblioteca, aulas informática, etcetc. Coido que a paralización do proxesto de novo instituto para Brión nunca debe caer no enfrontamento politico pois debemos todos sen distinción tirar do mesmo carro na mesma dirección que non é outra que a de conseguir un ensino secundario público, digno e coa calidade suficiente, ao mesmo nivel que o dispensado en calquera, cidade, vila ou municipio galego. Comentar que en Ames-Bertamiráns existe un instituto a carón do centro de primaria; podemos pensar nun novo instituto para Ames-Milladoiro ¿?, ¿A cantos kilómetros se atopa o Milladorio dos institutos de Santiago?; a cantos se atopan os alumnos de Urdilde, Ons, Bastavales, Cornanda, Brión etcetc, da área de influencia do alumnado actual do IES de Viceso? Existe transporte urbano con frecuencia suficiente entre Milladoiro e Santiago? entre Milladoiro e Bertamiráns?, a resposta é que sí e con frecuencia de polo menos, según o caso de 10 a 30 minutos. Non esquezamos que as comunicacións dende as parroquias de Brión e dende Urdilde con Santiago son realmente insuficientes e difíciles. As parroquias altas de Brión se atopan a uns 18 Kmts promedio de Santiago e non dispoñen de transporte público interurbano. Sen dúbida hai argumentos de accesibilidade, de calidade de ensino, de eficiencia no investimento dos recursos públicos e de xustiza social e territorial que sosteñen a decisión de construir un novo edificio para o IES de Viceso.

dragontunigblack publicou o 13-11-2005 17:37:23
creo que se pasaron coa parada das obras, o noso instituto merece unhas mellores instalacións. moitas persoas do milladoiro queixaranse de que eles tamén necesitan un instituto e que nos non porque xa temos un, pero non é a sí, se este instituto é pequeno, os alumnos/as e os profesores/as non lle temos culpa. nos tamén necesitamos un novo.

PAULA publicou o 24-11-2005 17:39:42
Paréceme bastante lóxico que non se faga o instituto en Brión. Aínda que eu son alumna dese centro, concretamente de 4ºESO. O motivo é bastante lóxico: ten moita máis falta dun instituto Urdilde, porque polo menos Brión ten instituto aínda que non sea moi moderno pero Urdilde está a 45minutos en transporte escolar do instituto de Rois, a que vai tendo lóxica a miña opinión? pois eso non é todo. Nos cando vaiamos a Bacharalato a SANTIAGO temos que coller o bus das 7:30 da mañá porque é o único co que chegamos a tempo e polo menos Brión teno máis cerca.

emilio publicou o 21-11-2006 09:33:49
ten bastantes cousas boas por exemplo chegaremos antes a santiago,pero habera contaminacion acustica

emilio publicou o 21-11-2006 09:34:03
ten bastantes cousas boas por exemplo chegaremos antes a santiago,pero habera contaminacion acustica



Foro pechado
Data peche: 26/10/2007
Hora peche: 00:00


 

 

Foros relacionados
- Non hai

Buscas
Busca a noticia que necesitas

 

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)