Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail
 
 
Benvido ó foro ¿Pódese comercializa-la froita tradicional de Brión?
dsmturismo publicou o 10-12-2004 14:48:20
Se por froita tradicional de Brión entendemos aquela que se cultiva dende tempos ancestrais neste concello e na comarca natural da Mahía, deberiamos ter en conta toda unha serie de consideracións: - Normalmente, o cultivo da froita en Brión e na comarca realízase en pequenas hortas onde a producción é mínima. A priori parece un problema, visto o sistema productivo actual, pero tratarei de reflexionar sobre iso máis adiante tratando de demostra-lo contrario. - A importancia que tivo a froita, ó igual que as flores, nesta comarca sempre foi moi destacada: Festa da froita, estereotipo do Val da Mahía como a “horta de Santiago”, a existencia dun microclima, solos moi fértiles e productivos, etc. Que sen dúbida axudan a crear unha “imaxe”, que logo poderiamos transformar nunha “marca” comercializable. Por exemplo, como producto turístico ou como reclamo para empresas hortofrutícolas. - Actualmente son moitos os habitantes da Mahía que lamentan como aquel pasado tan fructífero (nunca mellor dito), no que moitos vendían as froitas nos mercados de Santiago, Padrón, etc., agora ben como as súas árbores froitais pasan a ser un elemento decorativo nas súas hortas. Moitas destas árbores son arrincadas e noutras déixanse medra-los froitos ata que maduran, caen e desaparecen. Aspecto manifestado na entrevista realizada a Dorinda Beis (unha veciña de 83 anos que vive na aldea de Chave de Ponte, punto céntrico do Val). Agora ben, por qué non reunirse todos aqueles veciños que dispoñen de pequenas árbores froitais nas súas hortas e poñer en común as súas pequenas produccións, mediante a creación dunha cooperativa?. Ó meu parecer, o coidado das árbores de cada horta debería ser moi delicado, ó igual que a recollida e o empaquetado (si fai falla entre algodóns!), para logo comercializalo como un producto tradicional (de delicatesen!) que compita fronte a froitas creadas no laboratorio. Pouca cantidade pero moita calidade. Sería aquí onde deberiamos potencia-la imaxe de Brión ou do Val da Mahía como comarca natural ou horta na que se producen co máximo coidado e atención toda unha serie de mazás, peras,… cenorias, chícharos, leitugas, etc., nun clima excepcional, nunhas terras lexendarias supostamente habitadas no pasado pola tribo celta dos amaeos (de aí A Mahía). Xa que o tema tamén vai de novas tecnoloxías, unha das principias canles de comercialización destes productos de delicatesen podería ser Internet, centrando os nosos esforzos en que grandes e importantes restaurantes de todo o mundo (por qué non?) ou certas empresas hortofrutícolas se interesen neste producto. Un producto que ten cabida no que agora vendemos como “agricultura ecolóxica, natural, sin productos químicos, etc.). Un exemplo dos moitos que atopamos témolo no proxecto europeo Hotomulier (1996-1998) onde defenden, entre outras cousas, a agricultura sen productos químicos agresivos (ecolóxica) e a incorporación da muller neste tipo de tarefas (plantación, coidado, colleita, etc.). Proxecto que tamén se desenvolveu en Galicia, eu coñecín un pouco por enriba o caso de Tui (Pontevedra). ¡Ánimo emprendedores!

jaimeblanco publicou o 22-12-2004 17:08:46
Creo que e un tema moi interesante para calquera comarca, e de xeito especial para comarcas como esta que tiveron sona nestes producto. Penso que para revitalizar estas riqueza, aparte de agrupar os posibles productores, seria interesante contemplar a formacion dos productores,e dentro desta formacion seria imprescindible a creacion dunha finca demostrativa de novas tecnicas, novas especies cultivables, coellcion de variedades tradicionais e de novas variedades que podan adaptarse a nosa zona, novos e mellores patrons para as nosas e as novas variedades....Sempre se avanza mais se vemos as posibles melloras que podemos obter en lugar de que nolo conten.Para elo sempre se poderia crear unha asociacion de interesados para ver cara a onde se quere ou se pode tirar.

Carlosf publicou o 06-01-2005 23:10:44
Sen dúbida en Brión a froita tradicional é un recurso económico esquecido que debería ser posto en valor. Parécenme moi interesantes as propostas dos foro; o tema das demostracións, de crear unha especie de horta piloto onde se puidera levar a cabo unha experiencia empresarial que mostrase a viabilidade comercial da froita e porque non, tamén dos productos da horta. A búsqueda da calidade na agricultura tradicional pasa por revalorizar os productos autóctonos coñecidos popularmente como do \"país\", e que no caso de Brión contan con historia e sona propia. Os nosos maiores, caso de Dorinda (ver entrevista en InfoBrion), senten magoa de vela froita estragada nas hortas e camiños de Bastavales cando ata fai poucas décadas se vendía nos mercados de Santiago de Padrón. O coñecemento de experiencias cooperativistas e da iniciativa das asociacións de mulleres emprendedoras levadas a cabo en lugares diversos (no Baixo Miño por exemplo, ou mesmo coas xudías na Ulla) poderían ser un punto de arranque para o caso de Brión. Amais, coido que sería de moito interese preocuparse por recupararla malograda festa da froita que se celebraba en Brión tódos os anos, pois a dita festa podería contribuir a recuperala memoria histórica ao respecto na nos concellos da Mahía e Santiago. Existen posibilidades reais de conseguir financiamento da Unión Europea, e concretamente do programa PRODER para proxectos deste tipo, só falta que alguen tome a iniciativa.

cousas publicou o 30-12-2006 11:03:15
Máis práctica e menos teoría. Eu creo que a tradición da froita de Brión a recordan os vellos de toda a comarca. Aínda onte estiven no mercado de abastos de Santiago e puiden comprobar como moita xente pensa que en Brión seguemos tendo moita froita. Este verán e outono pasado calquera puido comprobar como se pudrían os figos, mazás, castañas, uvas, pexegos, peras, ... tirados por camiños e hortas en Brión, Bastavales, a Luaña, etc. Hai que facer algo, pero non sei o que. É unha mágoa



Foro pechado
Data peche: 14/12/2007
Hora peche: 00:00


 

 

Foros relacionados
- Non hai

Buscas
Busca a noticia que necesitas

 

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)