| |
| Benvido
ó foro ¿Que opinas da nova autovía de Brión a Santiago? |
|
Carlosf
publicou
o 05-11-2004 09:51:34 |
| O comezo das obras da autovía que unirá Brión con Santiago é unha nova de moito interese para os veciños e veciñas de Brión. Pensar en que podemos evita-los atascos e a perda de tempo e enerxía nas horas punta sen dúbida contribuirá a mellorala calidade de vida de todos nós. Falan de que poderemos chegar a Santiago en 6 minutos e isto, se realmente é así, representará un cambio trascendental para Brión ¿Convertirase nun barrio residencial da cidade?; coido que debemos ter moi presente que o desenvolvemento inmobiliario e urbanístico en Brión medrará considerablemente; os propietarios de inmobles e solo urbanizable van incrementar o valor do seu patrimonio; nembargante, non esquezamos que, nun exercicio de responsabilidade e de reflexión responsable, debemos todos, veciños e veciñas, de tentar de evitar a especulación e agresión urbanística no noso concello, que, non debemos esquecer todavía segue dando mostras de calidade urbanística a diferencia do que acontede noutros concellos próximos. En suma, a autovía é un grande avance para Brión que debe continuar apostando pola calidade medioambiental e o equilibrio entre natureza e cidade. Opino que o fermoso proxecto para Brión de cidade aberta ubicada nun grande xardín natural debe continuar guiando o desenvolvemento social, económico, cultural e urbanístico no noso concello. |
|
|
Farmas
publicou
o 13-12-2004 15:42:59 |
| Dende o meu punto de vista, creo que será moi positivo esta nova vía de alta capacidade que vai a minguar (non cabe dubida) as dores de cabeza dos brioneses que se achegan día tras día a traballar á cidade compostelá, logo de sufrir colas quilométricas e voltas de rotondas para tan escaso traxecto. Todo é positivo, pero gustaríame verter neste foro, a seguinte opinión. Eu son dun concello rural da provincia de Lugo (comarca da Ulloa), que sufriu (e segue a padecer) unha forte tradición migratoria. Creo sen lugar a dúbidas que sería moi positivo que os investimentos en obras públicas se materializasen tamén cara a Galicia interior, aínda que haxa menor poboación e dinamismo económico. Está moi ben esta magnífica e necesaria infraestructura para Brión, pero tamén é ansiada (aínda que non sexamos tantos) a autovía Santiago Lugo que non acaba de materializarse. Penso que sería moi positivo de cara o desenvolvemento económico e social da Galicia interior. |
|
|
jamas
publicou
o 10-01-2005 19:55:36 |
| Para mi, la autovía Santiago-Brion significa otra oportunidad perdida. Otra oportunidad perdida de hacer las cosas de una manera distinta. ¿No nos gustan tanto las soluciones modélicas? La Ciudad-Jardín es modélica, Infobrion es modélico... pues también podía ser modélica la solución al colapso en la carretera Santiago-Noya, si la población y la administración tuviésemos todos un poco más imaginacion y de coraje.
¿Como? Primero ¿cuál es el problema que queríamos resolver?: por la carretera de Noya entran y salen de Santiago cada día 30.000 coches,
principalmente todos a la vez, y a razón de una persona por automóvil. ¿Va a acabar la autovía con semejante aberración? No. La autovía va a perpetuarla, va a legitimarla y va a facilitarla, ahogando definitivamente soluciones de transporte colectivo a un problema claramente colectivo. No había que inventar nada: se habilitaban aparcamientos a lo largo del trayecto, se hacían circular buenos autobuses cómodos y rápidos que pasen cada diez minutos y que lleguen hasta el corazón de la ciudad, y se aplicaban unas tarifas que supongan un ahorro (no como ahora). ¿Que no es rentable? Depende de para quién. Con una fracción mínima de lo que va a costar la autovía podríamos viajar todos gratis durante bastantes años. La autovía puede parecernos un regalo, pero va a costar y mucho. El lujo de pisar una alfombra de asfalto para llegar a nuestro destino en seis minutos no lo van a pagar los beneficiarios ni en una mínima parte. Es dinero de todos, incluso de quienes seguiremos esperando, a pleno sol o bajo la lluvia, a que un autobús renqueante y apestoso se digne a llegar más tarde que pronto y, cobrándonos una cantidad abusiva nos lleve y nos deje tirados a las puertas de la ciudad. |
|
|
Quintans
publicou
o 11-01-2005 14:11:37 |
| MINIMIZACIÓN DO IMPACTO AUDITIVO E VISUAL DA AUTOVÍA E A SÚA INTEGRACIÓN NA PAISAXE, COMPATIBILIZANDO O PROGRESO TÉCNICO COA DEFENSA DOS VALORES AMBIENTAIS E CO PROXECTO DE CIDADE-XARDÍN PREVISTO PARA BRIÓN A TRAVÉS DA PLANTACIÓN , A AMBOS LADOS DA AUTOVÍA, DE ÁRBORES COA COMBINACIÓN DE ARBUSTOS, DE TAL XEITO QUE FORMEN UNHA MASA VEXETAL INTEGRADA.
Con data do 15-7-2003 o Director Xeral de Obras Públicas por delegación do Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto do trazado da autovía AG-56 Santiago de C. (N-550 na Rocha)-Brión (AC-543) Clave AC/99/042.01.
Con data do 7-08-2003 publicouse no DOG o Decreto 339/2003, do 24 de xullo polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da autovía.
É pois, inminente a construcción da mesma, ante o cal quérese amosar a preocupación polo seu impacto ambiental no Concello do que son veciño, así como pola contaminación acústica derivada do tráfico.
O artigo 45 da Constitución recoñece como un dos principais sectores da política social e económica o dereito de todos a desfrutar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo, e dispón que os poderes públicos velarán pola utilización racional dos recursos naturais co fin de protexer e mellora-la calidade de vida e defender e restaura-lo medio ambiente.
Neste contexto o sexto programa comunitario en materia de medio ambiente “Medio ambiente 2010: o futuro nas nosas mans” establece como un dos seus cinco eixes prioritarios de acción estratexica ter en conta o medio ambiente na xestión e ordenación do territorio mediante o fomento das mellores práticas relativas á planificación sostible e á protección da paisaxe.
A necesidade de elaborar un marco común do urbanismo do futuro para Galicia supuxo a suscripción do acordo marco para a reforma do urbanismo en Galicia do 27 de xullo de 2001 realizado entre o Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda e entre outros alcaldes o do concello de Brión. Este acordo estableceu as bases para a reforma da nosa lexislación urbanística a partir dos principios de colaboración, coordinación e consenso das administracións e de tódolos sectores implicados para actuar dentro do máis rigoroso respecto á legalidade, coa finalidade de contribuir ó desenvolvemento armónico do territorio.
A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia establece como fins da actividade urbanística, da que non se pode separar a construcción dos novos viais e infraestructuras, armoniza-las esixencias de ordenación e da paisaxe rural e urbana co mantemento, diversificación e desenvolvemento sostible do territorio e da súa poboación para contribuir a eleva-la calidade de vida e a cohesión social da poboación.
A regulación contida na Lei nº 1/1995 de 2 de xaneiro de 1995, de protección do medio ambiente de Galicia inspirase nos principios de prevención, compatibilizando a defensa dos valores ambientais co desenvolvemento económico e o progreso técnico, así como de promoción da educación ambiental, en todolos niveis educativos, e da concienciación cidadá, en todolos sectores sociais, para unha eficaz defensa dos valores ambientais, a fin de que, dacordo cunha información obxectiva, completa e actual, poida participar a totalidade da poboación na defensa do medio ambiente e no establecemento de medidas preventivas e correctoras.
O artigo 8 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica dispón que seralle aplicable a esta materia o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.
O artigo 4 párrafo 8 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica sinala que “Tódalas obras, que, de conformidad co disposto na normativa estatal básica sobre a materia e na Lei de protección ambiental de Galicia, estean sometidas a un procedemento de avaliación do impacto ambiental deberán conter un estudio acreditativo do seu impacto acústico”. Asimesmo o artigo 9 da mesma Lei sinala que correspóndelles ós Concellos exerce-lo control do cumprimento desta Lei e esixi-la adopción das medidas correctoras necesarias. A Comunidade Autónoma e os concellos poderán mutuamente solicitarse e obter información concreta sobre a actividade da outra Administración en materia de contaminación acústica, así o establece o artigo 23 da citada Lei. A lexislación estatal tamén é clara na materia e así o Real Decreto Lexislativo de 25-6-1986 nº 1302/86 establece no seu artigo 2c) que os proxectos de construcción de autovías deberán incluir un estudio de impacto ambiental que conterá as medidas previstas para reducir, eliminar ou compensar os efectos ambientais negativos significativos.
Por outra banda o Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica sinala que “nos proxectos consideraranse as posibles molestias por ruido que poidan ocasionarse nas inmediacións da actividade por efectos indirectos co obxecto de propoñe-las medidas correctoras adecuadas para evitalas ou disminuilas e, en particular, deberá prestarse especial atención ós casos de actividades que xeren tráfico elevado de vehículos nas súas inmediacións, previstas en zonas de elevada densidade de poboación” (art. 11 p6).
O Decreto 150/1999 recolle como zonas de alta sensibilidade acústica as docentes, e de moderada sensibilidade acústica, sectores do territorio que admitan unha percepción do nivel sonoro medio como vivendas.
A elección dun trazado que transcorre casi íntegramente no Concello de Brión polo solo urbano, coa proximidade do colexio dos nosos fillos (zoa docente), nun área residencial en crecimento, e con vivendas moi preto do seu trazado, fai imprescindible a esixencia das medidas correctoras previstas na lexislación, que minimicen a inevitable contaminación acústica e visual, que se verá aumentada coa elevación en pilares ó seu paso por este Concello, e cuio impacto non foi contemplado no estudio obxeto de declaración de viabilidade ambiental do proxecto,con data do 10 de agosto de 2001, ó tratarse dunha decisión posterior, pese a sua clara transcendencia
Por todo o exposto numerosos veciños de Brión solicitaron
A adopción, no Concello de Brión, de medidas de protección da paisaxe e da necesaria minimización acústica, coa colocación na autovia AG-56 de pantallas acústicas anti-sonido ó longo de todo o seu traxecto urbano, dada a proximidade de vivendas e da área escolar, ó tratarse dunha zona de alta sensibilidade acústica; así como coa plantación todo o longo do seu trazado, a ambos lados da autovía, ó seu paso por este Concello, de árbores coa combinación de arbustos, de tal xeito que formen unha masa vexetal integrada. Na normativa estatal recoméndase como especies arbores co fin principal de creación de ecosistemas permanentes as seguintes:
Nome vulgar Nome científico Nome vulgar Nome científico
Ameneiro ........................... Alnus glutinosa Falsa acacia ........................ Robinia
Pradairo ou Arce ................ Acer pseudoplatanus Plátano ............................... Platanus
Freixo................................ Fraxinus excelsior Chopo ................................. Populus alba
Bidueiro ............................ Betula celtibérica Acivro ................................ Ilex aquifolium
Loureiro ............................ Laurus nobilis Salgueiro ............................ Salix
Carballo ............................ Quercus robur
Elo contribuirá á minimización do impacto auditivo e visual da autovía e a súa integración na paisaxe, compatibilizando o progreso técnico coa defensa dos valores ambientais e co proxecto de cidade-xardín.previsto para Brión.
É obvia a necesidade da adopción destas medidas que se deben esixir inmediatamente para que cando se adxudique a construcción da autovía AG-56, a empresa constructora as teña moi presentes e non se escatime na súa aplicación, en prexuizo de toda a poboación do noso Concello.
A Administración debe ter un coñecemento inmediato e permanente das inquietudes ambientais da poboación. A necesaria modificación nas pautas de comportamento nun maior respecto ó medio, ten que fundamentarse principalmente nun comportamento exemplar e exemplarizante por parte das Administracións local e autonómica, coa sua colaboración, a fin de despertar un novo orde de valores respetuoso coa paisaxe.
O Sr Alcalde do Concello de Brión ante a solicitude dos veciños manifestou o seu apoio a esta proposta de importante interese para o concello .Este é o momento de exisir a súa posta en marcha. |
|
|
javier
publicou
o 12-01-2005 19:49:15 |
| O engano da Xunta.
Como ven sendo habitual no goberno autonómico ano tras ano seguennos a mintir sobre as obras da autovía.
O problema e que a xunta non ten nin un can, pois despilfarrano en \" caralladas\" como o \"chupeteo 2004\" ou a cidade da \"incultura\" en lugar de invertir en educación (un novo instituto para Brión),infrestructuras (autovía a Santiago), transporte público (creación de un consorcio de transporte interurban), etc.
¡NON PERMITAMOS QUE SE SIGAN A RIR DE NÓS!. ¡MANIFESTACIÓN XA! |
|
|
diegolm
publicou
o 25-05-2005 12:03:15 |
| A creación de dita autovía non é máis que unha forma de retrasar un problema, non é unha solución definitiva, pois quizais gracias a ela poidamos chegar en seis minutos a Santiago, pero que pasará cando o número de habitantes de esta zona (que vai a seguir crecendo a pasos axigantados)chegue tamén a colapsar a nova autovía? construiremos entón outra autovía? Queremos vivir rodeados de tráfico e contaminación? Se por algo se caracteriza a nosa vida en Brión creo que é pola convivencia cun espacio medioambiental fermoso e tranquilo, ten que haber outras solucións que non creen un impacto medioambiental tan forte. Cales son? Pois leo respostas neste foro de infobrión que falan de solucións moito máis coherentes. |
|
|
Natas
publicou
o 06-07-2005 18:55:15 |
| 6 minutos....permitide que bote unhas risas...:-) :-)
Hoxe en día, dende miña casa en Os Ánxeles ata o meu traballo na zona norte de Santiago necesito 30 minutos, e se é en inverno 35. Coa autovía, dubido moito de que necesite menos de 20 minutos. O problema principal está en Bertamiráns (que realmente necesitaría unha circunvalación xa que permitiron que se convertise nunha travesía de 2 Km- unha barbaridade!) e na entrada de Santiago que non pode co fluxo actual de tráfico nin será capaz de absorber o tráfico incrementado pola autovía.
Alguén dirá que unha gañancia de 10 minutos está moi ben, pero eso segue significando 20 minutos do meu tempo (que indo en transporte público empregaría noutras cousas mais productivas-seguro), mais o tempo de aparcar, mais o gasto de aparcar....
A autovia non significa aforro enerxético, nin de tempo, nin mellora medio ambiental, nin mellora social, nin nada. É o discurso de sempre dos listiños que se lucran co cemento, o asfalto e a gasolina. Significa mais gasto, mais contaminacion, mais estímulo o uso do vehículo privado, mais deterioro medioambiental, mais ruido, mais gastos de conservación...
Se alguén tivera un pouco de visión seguro que se decataría que con moitos menos cartos se pode disminuir a un tercio o fluxo de tráfico actual ¿cómo? fomentando de verdade o uso do bus e o coche compartido. Esta reducción de 60% no tráfico xa faría posible a reducción real da viaxe a 20 minutos ( insisto, que ninguén se faga ilusións cos 6 minutiños).
A miña solución alternativa sería:
- Buses cada 10 minutos
- Peaxes de entrada de 5 E os vehiculos particulares en Santiago con un so pasaxeiro
- Circunvalación de Bertamiráns
- Tarxeta mensual de transporte que integre o transporte urbán, comarcal e tren rexional na provincia
-Intercambiador real de transporte na estación de tren.
Co aforro de cartos e fumes o seguinte paso sería a construcción dun tren de cercanías Noia-Santiago Ordes-Santiago A Estrada-Santiago.
Que se deixen de vendernos a moto de sempre. Ata o de agora máis asfalto non significou nin gran aforro de tempo nin mais seguridade. So gañamos mais tráfico, mais atascos, mais fumes, máis malhumor e máis tempo perdido.
Proporía unha folga de coches un día. Que ese día todo o mundo colla o transporte público e se vexa o insuficiente que é para dar servicio a comarca. Posiblemente o 80% da xente non chegaría o traballo pero seguro que saeríamos nos telediarios e daríamos unha imaxe de comarca dinámica e imaxinativa.
Como isto non será posible a miña esperanza e que co dolar a 1.30 E e o barril a 100 Dólares o litro de combustible chegue a custar 2.50 E. A ver se así a xente se decataba das \"bondades da autovía\".
MENOS AUTOVÍAS e MAIS IDEAS para resolver de xeito definitivo os problemas de sempre. Senón, dentro de 8 anos andarán a falar que hay que ampliar a autovía a 4 carrís...e volta a empezar.
Saúdos a todos os veciños. Folga de coches o 1 de Setembro 2005!!! |
|
|
Raymond
publicou
o 06-09-2005 14:26:50 |
| Pareceme unha boa maneira de liberar de tráfico á estrada Santiago Noia. Pero as cousas hainas que facer ben, e o impacto ambiental ten que ser mínimo.
De todas maneiras, de nada vale facer unha boa estrada e manter outras que tamén teñen tráfico intenso en malas condicións e inseguras, como é o caso da estrada dos Ánxeles á Picaraña ou a que vai de Bastavales cara a Rois. |
|
|
Fcarmas
publicou
o 09-09-2005 18:16:25 |
| Estimada Natas. A dicir verdade comparto a idea de que habería que mellorar e potenciar o uso dos transportes públicos. Para elo, ademais de concienciar ós cidadáns das vantaxes que elo supón e minorar o tráfico da cidade de Santiago, habería que artillar unha rede para dar un bo servizo aos cidadáns que residen na periferia da cidade, así como nos concellos limítrofes.
Pero isto non significa que o que se achegue a Santiago en hora punta se libre do tráfico, e máxime cando se están a artellar obras nalgunhas das arterias principais (Romero Donallo, por poñer un exemplo). Tráfico vaino haber toda a vida, se potencie ou non o transporte urbano, e este non vai ser o remedio. Con isto tampouco quero dicir que sexa partidario de construír vías de alta capacidade por onde lle cadre, pero a dicir verdade, o tramo Santiago-Brión é moi ansiado, xa que son moitos os miles de vehículos que se desprazan por esta vía.
Pero do que estou en total desacordo é con algunhas das hipotéticas solución que propón Natas, sobre todo o dos 5 euros de entrada na cidade para os vehículos de un só pasaxeiro, así como o custe do barril de petróleo a 100 dólares. Creo que por viaxar á cidade unha persoa soa, ben sexa a traballar, lecer, urxencias, turismo, etc., non se debería de sablealo á entrada, para que lle quedasen poucas gañas de volver, alomenos sen algún acompañante; dende o meu punto de vista, atentaríase contra a liberdade das persoas. Por outro lado, dicir que se o barril estivese a 100 dólares, en lugar de viaxar en transporte público, viaxariamos todos en bicicletas ou carros de cabalo como antaño; en vehículos co motor de combustión de seguro que non!!, a saber a que prezo estaría o billete de bus, que xa non é moi barato.
De calquera xeito, estou moi de acordo con Natas en concienciarnos todos nós de deixar algo máis de lado o coche particular, facer un esforzo por empregar o transporte público, e pedirlle ás autoridades competentes que pensen ben por onde se deben artillar estas redes de alta capacidade, así como a súa xestión; supón un gran esforzo económico e un importante impacto ambiental, se se constrúen, polo menos que o fagan para que os cidadáns as utilicen, non como a autopista Santiago-Lalín, que a utilizan os de mantemento e pouco máis (4,50 por menos de 40 Km.). |
|
|
cmaidega
publicou
o 23-09-2005 13:06:08 |
| Coido que a construcción da nova autoestrada entre Santiago e Brión resulta moi beneficiosa para todos os veciños e veciñas da Comarca de Santiago, mellorando de xeito claro a rede de infraestructuras viais de entrada e saída na capital de Galicia . Nos derradeiros anos, sobre todo coincidindo coa celebración do Xacobeo 1993, a capital de Galicia comezou un traballo serio e comprometido coa mellora xeral das infraestructuras viais. Hoxe en día, Santiago de Compostela é contemplada como unha cidade moderna, axeitada o seu rol como cidade que representa a todos os galegos e galegas. A construcción dunha autoestrada, paralela a unha vía de comunicación que soporta un tráfico rodado de case que 30.000 vehículos diarios, na miña opinión responde a unha gran iniciativa que merece o meu apoio. Coido que o proxecto vai facilitar os movementos pendulares de toda a poboación residente no eixo Vidán-Urdilde, mellorando considerablemente a calidade de vida dos mesmos.
Por outra banda, non é menos certo que a chegada da autoestrada ó Concello Brión vai transformar en gran medida a faciana rural que ata a data viñan mantendo as parroquias de Brión, Os Ánxeles e Bastavales. É previsible que a autoestrada veña da man de novas urbanizacións e chalés adosados que transformen pouco a pouco a herba en asfalto. Neste senso, é moi importante a actuación das autoridades locais como garantes que preserven o verde e a tradición rural en todo o Concello de Brión. |
|
|
momoe
publicou
o 12-10-2005 22:13:29 |
| Non me parece nada correcto. Penso que vai a probocar unha contaminación tremenda e ademáis destrozará a paisaxe. |
|
|
Minia
publicou
o 05-05-2006 02:00:36 |
| Haberá uns doce anos, máis ou menos, viñémonos instalar nunha vivenda unifamiliar de alugueiro na aldea de Lamiño, a casa non é que fose gran cousa , pero tiña posibilidades, máis que nada eran as ganas de fuxir da cidade, cada vez máis e máis estresante, fixémoslle uns cambios e quedou moi bonita. Era un lugar ben tranquilo, onde a natureza chegaba ate a porta mesmo da casa, os paxáros, moitos e variados, xurdían de entre as silveiras ou víalos pasar por riba das árbores cara ao Pego, a xente pouca pero coñecida: as carpinteiras, Modesto, Lola..., parábanse a falar ou simplemente saúdaban, por que tiñan tempo, un tempo \"libre\".
Despois de seis anos, decidimos ficar eiquí, mercamos unha finca no mesmo lugar, tivemos un fillo, Simón, e pensamos en pasar... o que se dí sempre, o resto das nosas vidas neste pequeno reino de Lamiño.
Máis, chegaron as PALEADORAS cos PALEADORES e todo iso pouco a pouco foi... mudando. As urbanizacións, que primeiro arrasan con todo, despois chámanse agro novo ou aldea do rio Pego ou mundo feliz ou ciudad jardín, e onde antes había unha fraga, uns carballos centenarios, unha pradeira ou unhas terras de cultivo, agora érguense bloques con xente dentro e liquidambar á porta, como recén caidos dun vóo de baixo custe. E non é que me moleste a malta, o que me incomoda é como nos enganan e como nos deixamos enganar, a uns só lles interesa a pasta e venden fume e ilusión tipo climalí, outros compran e botan fume por que o climalí era unha ilusión, e outros por que con tanto fume xa perdemos a ilusión.
Nestes seis anos, todo este proceso se acelerou moito, o deterioro ambiental deste pequeno val de Lamiño avanza inexoráblemente, a destrucción de habitats, humedais e zonas verdes naturais imposibles de reproducir por ningún \"paisaxista\", e tamén o que supón, como non, de degradación da calidade de vida dos que viviamos aquí, e que fuxiamos de calquera tipo de urbe, xa sexa completa ou a cachos.Pero todo isto parece ser que estaba planificado.
Como colofón a este \"PLAN\" tan diferent que nos ofrece este perenne e exemplar goberno local, ofertannos a todos os renegados do cemento, nada máis e nada menos que, a posibilidade de poder estar en 6 minutos en pleno centro urbano, uf menos mal, por que ya me tenía frito la alergia, pero en que quedamos cal era o lema da inmobiliaria que vendía os endosados véngase al campo ou vénguese del campo, despois de arrasar, contaminar, degradar, invadir, etc,etc,etc... resulta que agora o que realmente queria algunha xente era vivir no centro pero con xardín, ¿ese é o progreso que queredes? ¿todos estes que queredes ir correndo para a cidade por que non montades o adosado nalgunha rotonda desas tan artísticas que nos fixeron no camiño?¿e que tal un camping na Alameda?
A verdade é que a estas alturas vai ser mellor que vaiamos buscando outro lugar máis apacible para vivir o resto do resto dos nosos días, por que eiquí o peor aínda está por vir.
Pido disculpas por si molestei a alguén, máis a desilusión é como unha laranxa amarga. |
|
|
mirlo
publicou
o 30-05-2006 18:33:28 |
| Érase unha vez un mundo feliz, bucólico, de paxaros cantando nas silveiras, queixos colgados das árbores e chourizos a carón campos de grelos...; era todo moi moi bonito; a este precioso lugar acudían os urbanitas fuxindo do stress e dos perigos do progreso, da civilización e das cidades xigantes, monstruosas, caso de Santiago de Compostela versus Nova Iorque. Resulta que as \"navalladas das autopistas\" os snobs dos adosados, e os especuladores irreverentes cos intereses populares daban ao traste co mundo feliz, rural bucólico, quizáis Lamiño, ou Brión tamén. Os novos veciños choraban polos atentados contra a natureza das novas estradas, frente aos avances do progreso e da urbanización, e os veciños de sempre, contentos, enchíon os petos cos cartos, millóns de euros, que obtían pola venda das súas leiras, onde antes sementaban e colleitaban e agora érquense chalets adosados. Ai de Brión, para uns nada debe cambiar, todo inmutable no seu niño de felicidade; para outros, todo de progresar co cemento, coa industria e o progreso, máis autoestradas, polígonos industriais e o que faga falta... Brión ten que medrar, a cambio de que?; Nunca chove a gusto de todos e todas... A diversidade é boa pero temos que convivir e sermos capaces de compredernos uns aos outros; Brión cidade, Brión aldea, Brión campo, Brión natureza... Brión sitio distinto; oxalá por moito tempo. |
|
|
be-inha
publicou
o 30-06-2006 12:11:05 |
| A idea da construccion da nova autovia e novamente outro dos erros tremebundos dos que Galicia vai sobrada nestes ultimos anos, que pasara, preguntome eu cando esta nova autovia se colapse nas horas puntas, faremos outra??encheremos o concello de autovias??
non creo que sexa a mellor das solucións. Porqué non fomentamos o transporte publico?, facendo que existan autobuses con accesos a todas as aldeas do concello, e con prezos axeitados?
penso que seria a solucion mais correcta, se non queremos convertir Brion nun amasixo de formigón, no que xa non queden espazos verdes por contemplar.
BEA DE VICESO! |
|
|
javineg
publicou
o 12-07-2006 19:05:30 |
| Escomenzadas as obras, considero que debemos felicitar o alcalde e o equipo de goberno por permitir tal atrocidade ambiental e degradar o val da Mahia.Visto o actual trazado, soamente cabe pensar que o único fin da autovía e servir os intereses dos grupos inmobiliarios que están a aterrizar no concello.
Non estaría nada mal que dende o concello empecen a pensar en sacar subvencións para que os veciños podamos comprar tapons antiruido para dormir polas noites. !QUE VERDE ERA O MEU VAL! |
|
|
cousas
publicou
o 19-07-2006 18:20:01 |
| Eu penso que a nova estrada é unha necesidade pois os que temos que ir a Santiago en hora punta sufrimos os atascos e retrasos esaxerados. Nunca chove a gusto de todos; quen paga a nova estrada? o Concello de Brión? a cantos concellos afecta?, quen tomou a decisión do trazado? e os que tanto critican o impacto ambiental, supoño que cando se inaugure irán a Santiago por Bertamiráns. |
|
|
cousas
publicou
o 26-10-2006 18:06:21 |
| As obras parece que avanzan pero para cando teremos a inauguración. Din que no 2008. Estes días os atascos e retencións para Santiago en hora punta son esaxerados; eu tardo unha hora en chegar ao traballo. Non entendo como poden poñer en dúbida a necesidade desta nova estrada, que non olvidemos é a de maior tráfico de Galicia. |
|
|
galega
publicou
o 14-11-2006 09:29:38 |
| Para min a autovía e algo que esta desfacendo todolos anos de traballo que tiñamos.Co feito de derrubar todo para facer ese camoiño que segun a xente será mellor para nos estanos deixando se os nosos lugares ou sen as nosas terras..por moi doado que parece chegar a santiago antes tamen era doado ver como tiñamos brion...e agora non se pode nin mirar para el...con tanta maquina terra muros e mais cousas que para in non teñen sentido...estan destruindo todo,e non so brion. |
|
|
yasmin
publicou
o 21-11-2006 09:08:20 |
| Penso que e unha perdida de tempo, aparte de destrozar todo o paisaxe o unico que fai e ruido .E inecesario xa que estaba ben como estaba antes o unico que tiñan que facer era reformar as carreteiras .Propoño que se faga un foro para xente dos institutos, e asi opinar sobre outras cousas. |
|
|
lidiapv
publicou
o 21-11-2006 09:20:49 |
| non me parece para nada ben porque a parte da grande contaminacion non creo que ningunha familia teña que aguantar o ruido dos coches ao lado das suas casas.
penso que hai moito terreo sesn utilizar no que se poderia facer como para ter que facela ao lado das casas. |
|
|
ricko
publicou
o 21-11-2006 09:30:45 |
| eu creo que o bonito paisaxe que tiña brion,destruiuse en gran parte(a parte da contaminacion acustica).pode ser que disminua o trafico,pero penso que a natureza esta ante todo. |
|
|
Alberto
publicou
o 23-11-2006 09:54:55 |
| pareceme que ten moitas ventaxas como por exemplo permiteche chegar antes ao milladoiro pero os coches fan moito ruido ao lado das casa |
|
|
joselito
publicou
o 25-12-2006 22:06:21 |
| Nacin en Bertamirans o 16-10-1966 crieime aqui e estou casado aqui como calquera persona que naceo nun sitio no no olvida.Pero hahora mismo gustariame marchar de aqui esto e inaguantable eu por desgracia teño a familia na entrada de Bertamirans e eu vivo na salida de Bertamirans hahora imaginadevos ir en hora punta de un lado o outro xa non vas. Eu non sey se fay falta a autovia ou non pero si verdad non fay falta que nos den ua alternativa e non que digan que non fay falta. soluccion. Ou e a miña marchar de donde naceches ainda que che doia moito pero esto non se aguanta como salas as 7,30 e millor que non salas e como veñas as 20 h e millor que non veñas e ay moita xente que ten que madrugar pa ir a traballlar e ter que ir en carabana desde aqui asta Santiago e de pensar o unico que vallas as 11 e veñas as 16 a esa hora non tes carabana pero ese horario os traballadores nono temos un saludo. |
|
|
superchi
publicou
o 28-12-2006 13:01:56 |
| Yo considero que la autovia es más que necesaria y así los creemos todos los que diariamente vamos a Santiago bien en bus bien en coche.
Ahora bien, lo que no entiendo es como se ha permitido la tala de tantos árboles, cuando nos vinimos a vivir a este concello lo hicimos porque lo considerabamos el más \"natural\", el más bonito, el más tranquilo delos alrededores de Santiago. Compramos una casa donde a 100 metros teniamos una arboleda a la vera del río, ahora tengo una pista de tierra por donde irá la autovia, pista por donde incluso en días festivos pasan los camiones de la obra desde las 7 de la mañana hasta las 12 en punto de la noche, es insoportable.
Yo solo espero que cuando funcione la autovia pongan algunas barreras para aislarnos del ruido.
¿POR QUÉ NO NOS INFORMAN DEL TRAZADO DE LA AUTOVIA?
¿POR QUE EL CONCELLO NO NOS COMUNICÓ EL INICIO DE LAS OBRAS?
porque creo que era de interés de todos los vecinos y sobre todo de los más afectados. He tenido que soportar voladuras que han hecho temblar mi casa y nadie se ha preocupado de las posibles consecuencias.
Espero que el concello comience a preocuparse un poco más de sus vecinos. |
|
|
Raymond
publicou
o 29-12-2006 09:51:02 |
| Eu, como Joselito, tamén nacín e crieime en Bertamiráns... E ganas de marchar tampouco me faltan, porque vexo que este xa non é o meu pobo... e casi nin o meu val...
Estou farto de urbanizacións, edificios, chalets, centros comerciais... estou farto de que se tiren casa de pedra para edificar... estou farto de que, por culpa de plans urbanísticos feitos por mafiosos, se poida construir en calquera lado, de calquera maneira e a costa do que sexa...estou farto de aguantar caravanas interminables de domingueiros e urbanitas...
Por unha parte a idea da autovía desagrádame porque é unha parte máis desa marabunta do cemento; por outra... é consecuencia lóxica do caos urbanístico que ven habendo dende os derradeiros...15 anos?: Se se produce unha estampida incontrolada de xente da cidade cara a nosa zona, é lóxico que haxa que contar con estradas en condicións para que poidan regresar á cidade \"cando se aburren do campo\"...
Ademais, eu vivo ó pé da estrada a Noia e...sinceramente... estoy cheo do tráfico!!! |
|
|
amiga
publicou
o 16-02-2007 20:31:28 |
| Hola eu penso que en Brion necesitamos progreso, que e o que empezamos a ter agora, pero todavia lle falta moito.
A nova autovia vainos traer melloras a noso concello, a parte de favorecernos no feito de que en cinco minutos nos vamos a poñer en Santiago, tamen a nivel urbanistico ect.
Estou leendo algún comentario de algunha xente que fala mal de Bertamirans, polo seu urbanismo, pois eu o que vexo e que Bertamirans, e un zona donde hay postos de traballo,
e onde maís ou menos calquera pode intentar abrir o seu negocio e que lle vaa ben o mal ( dependendo deles )
En Brion eu vexo que os supermercados, tendas ect son bastante escasos, e necesitariamos algo mais. |
|
|
amiga
publicou
o 16-02-2007 20:38:30 |
| Eu non estou en contra do progreso todo o contrario creo que e maravilloso e fai falta sobre todo no noso concello en Brion.
Eu nacin en Brion, pero para buscarme a vida tuven que facelo en Bertamirans, que e donde estou traballando desde fai dezaseis anos co meu propio negocio.
Eu acordome cando mirei de montalo, e o primero que pensei foi en facelo en Brion, pero sintindo moito non puden facelo porque as espectativas de que saira ben eran minimas.
Cando quixen conseguir unha vivenda digna, pasou outro tanto do mismo, tiven que ir o concello de Ames e presentar unha solicitude para conseguir un piso de proteccion oficial que me foi adxudicado grazas a que levaba catro anos traballados en Bertamiran.
Si e malo isto dicideme o que é bo.
un saudo amigos |
|
|
|
|
Foro pechado |
| Data peche: 13/10/2007 |
| Hora peche: 00:00 |
|
|
|
|
Foros
relacionados
- Non hai
Buscas
Busca
a noticia que necesitas
|
|