Unión Europea Ministerio de Ciencia y Tecnología Xunta de Galicia Concello de Brión Universidade de Santiago de Compostela Consulta o teu mail



Presentación
Xestión e administración
O Instituto na memoria
O obradoiro do sabio
Excursións didácticas
Actividades deportivas
Festas e conmemoracións
Vida cotiá no instituto
Revista do instituto
Axenda
Taboleiro de novas
Xogos
Cartas ó director
Asociación de pais e nais
Asociación de ex-alumnos

 

 


 

 

 

 


Instituto de Educación Secundaria de Esparís - Viceso

Enderezo
Esparís, s/n - Brión
15839 Viceso-Brión (A Coruña)
Teléfono: 981 88 18 17
Fax: 981 88 58 99
E-mail: ies.esparís@edu.xunta.es

 

Niveis educativos
No centro impártense 1º e 2º ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Localización
O centro está situado en Esparís, no concello de Brión. Unha das formas de chegar ó centro se reflíctese no seguinte plano:

Breve historia
O centro empezou a funcionar no curso 1989/90 como colexio de EXB. Estaba dotado dun total de 8 unidades, unha de educación infantil e 7 de EXB, xa que inicialmente os cursos de 1º e 2º estaban na mesma aula. No curso 1998/99 transformouse en Instituto de Educación Secundaria. Durante o verán de 1998 realizáronse certas reformas para adaptalo centro ás esixencias da ESO, como a construcción da zona dos despachos, creación das aulas específicas, construcción do ximnasio, etc.

Unidades
No curso 2005/06 están en funcionamento 10 unidades de ESO, distribuidas do seguinte modo:

1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
3
2
3
2

Como centro da ESO créase con 8 unidades, pero debido ó incremento do alumnado foi necesario pasar ás 10 unidades coas que contamos na actualidade.

Instalacións
No curso 2005/06 o centro conta con 10 aulas, despachos de dirección, xefatura de estudios, administración e orientación, conserxería, cafetería, departamentos e as seguintes aulas específicas:

- Aula de Tecnoloxía.
- Aula de Educación Plástica e Visual.
- Aula de Música.
- Laboratorio compartido por CCNN e Física e Química.
- Aula de Informática.
- Biblioteca con capacidade para 20 alumnos/as.
- Ximnasio

Carencias actuais nas instalacións do centro:

- Aulas de uso ordinario. Para impartir clase ós 10 grupos habilitouse o despacho da secretaría como aula e dividiuse unha aula cun tabique para obter dous espacios. Das 10 aulas utilizadas, tres teñen capacidade máxima de 17 alumnos/as e dúas con capacidade máxima de 24 alumnos/as. A carencia de aulas imposibilita a marcha de medidas de atención á diversidade como grupos de Diversificación Curricular e un Programa de Garantía Social.

- Dúas aulas para desdobres. O laboratorio, a aula de informática, a biblioteca e os seminarios empréganse para impartir desdobres e optativas na actualidade, imposibilitando o acceso a ditos espazos e o emprego dos recursos (libros, ordenadores, eetc.) con normalidade.

- Aula de usos múltiples e audiovisuais.

- Despacho de titoría para atender a pais e nais. Actualmente son recibidos nos corredores.

- Secretaría.

- Laboratorios de física e química. No único laboratorio existente impártense clases de desdobres e materias optativas, dificultando a preparación das prácticas.

- A aula de Plástica e Visual ten unha capacidade máxima de 24 alumnos/as.

Alumnado
No curso 2005-06 o número de alumnos/as do centro ascende a 235. Os alumnos están distribuidos por cursos como se representa na seguinte táboa:

Profesorado
Na actualidade contamos cunha plantilla de 25 docentes distribuidos nos departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés, Ciencias Sociais, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Física e Química, Tecnoloxía, Educación Plástica e Visual, Música, Educación Física, Relixión, Francés e Orientación

 

 

Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)