O Concello de Brión asume a Dirección de Infobrion.com, sendo o responsable directo da xestión e funcionamento do portal dixital www.infobrion.com. O Consello de Edición de Infobrion.com eríxese como un órgano de consulta, control e seguimento de tódolos contidos e iniciativas do portal dixital www.infobrion.com. O Consello de Redacción de Infobrion.com está composto por tódolos técnicos que traballan activamente na producción de contidos e no mantemento do portal dixital www.infobrion.com.
A Concello de Brión asume as tarefas de redacción e publicación dos apartados de Brión Pobo e CiberEducación, composto este último polas seccións de Gardería Municipal do Concello de Brión, CiberEscola de Pedrouzos e CiberInstituto de Viceso. Tamén asume a xestión de todas as Axendas relacionadas coa CiberEducación así como as de redacción e publicación de tódolos apartados do portal dixital www.infobrion.com relacionados cos Foros de Opinión, as Enquisas, o Mercadiño Virtual e a Axenda de Brión Pobo.
CONSELLO DE REDACCIÓN |
DIRECCIÓN |
CONSELLO DE EDICIÓN |
