Infobrion Correo Electrónico
Obxectivos

Obxectivos

Infobrion.com pretende impulsa-lo desenvolvemento social, económico e cultural no Concello de Brión. Pretende impulsa-la recuperación da memoria histórica e a revalorización da cultura popular no contexto da Sociedade da Información. Para isto www.infobrion.com desenvolve a creación dunha comunidade virtual, promovendo o uso e difusión das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación ) como ferramentas e canles de coñecemento, información e aprendizaxe.

Infobrion.com ten por obxectivo principal crear un espacio de comunicación e aprendizaxe que motive e atraia a atención de tódolos veciños do Concello de Brión.

Desenvolvemento de www.infobrion.com implica o deseño, arquitectura, programación, promoción e dinamización dunha web para promover a E-Inclusión e o desenvolvemento social e comunitario local a partir da creación dun entorno virtual de comunicación en base ós seguintes Proxectos Marco:
 

2. CIBERDUCACIÓN.


É un programa que pretende impulsar nos centros de ensino primario e secundario do Concello de Brión un entorno virtual que chegue a promove-lo uso das Novas Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), que motive á comunidade escolar, profesores, alumnos e pais e nais de alumnos, á elaboración de materias informacionais para dito entorno virtual. Pretende desenvolve-la comunidade escolar e que cada un dos seus membros poida encontrar información de interese na web de www.infobrion.com. Dita web ofrece información continua e actualizada sobre as actividades da escola e o instituto acerca do traballo diario que desenvolven os profesores, os alumnos e a comunidade escolar no seu conxunto. Ofrece recursos dixitais con imaxes reais, documentos de interese pedagóxico, opinións, información de actividades, foros de debate, etc.

3. INMERSIÓN NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.


É un programa complementario de Brión Folk Project e CiberEducación enmarcado en www.infobrion.com. Conforma unha estratexia de intervención socio-comunitaria para vence-la Brecha Dixital e conseguir que o Concello de Brión sexa un espacio con visibilidade na Internet, e que tódolos seus veciños poidan acceder ó emprego das Novas Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Ofrece recursos específicos de información sobre o propio concello relativa a súa xeografía humana, como poden ser guías de recursos de todo tipo, culturais, turísticas, das actividades empresariais, etc. Impulsa a práctica do comercio electrónico a través da creación de un Mercadiño Virtual de compra, venda e intercambio de productos e cousas en xeral propiedade da propia comunidade local. Promove e ofrece servicios de correo electrónico asociados a www.infobrion.com entre os escolares e os veciños en xeral. Tamén impulsa a creación dun xornal virtual de noticias locais administrado pola propia comunidade e o desenvolvemento dun espacio popular de opinión e debate a través de foros e chats.

1. BRIÓN FOLK PROJECT.


É un programa de actuación para o desenvolvemento local que pretende promove-la investigación da cultura popular e da xeografía humana de Brión, a partir das aportacións e do traballo da propia comunidade. Consta dun arquivo sonoro, de vídeo e dun arquivo de imaxe, onde se recolle material fotográfico, gravacións sonoras, vídeo, etc., acerca de octoxenarios, tradicións, deporte, costumes, hábitos de vida, historia de personaxes célebres, paisaxe humana, paisaxe física, festas, música popular, as viaxes dos veciños, etc. Brión Folk Project promove a formación e educación dentro da propia comunidade. Se configura como un promotor de iniciativas de emprego na propia comunidade local, xerando un ambiente de economía cultural. Intenta abrangue-lo traballo voluntario das organizacións civís existentes no concello, como a Banda de Música, o Grupo de Recursos Medioambietais, asociacións culturais, parroquiais, etc. Brión Folk Project impulsa a organización da sociedade civil local e promove o desenvolvemento social e comunitario a partir da posta en valor dos recursos que ofrece a Sociedade da Información e as Novas Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
 

O entorno virtual de InfoBrion.com se completa coa oferta de servicios informacionais á comunidade local e á sociedade en xeral a través da creación dun Arquivo en versións virtual e real especializado en cultura popular e recursos didácticos, amais de servicios de Axenda, Novas, Hemeroteca e Buscador de recursos no propio sistema virtual www.infobrion.com.
 
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela