Infobrion Correo Electrónico
Infobrion

¿Que é Infobrión?

InfoBrión.com nace no ano 2002 como iniciativa do Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Brión, o Centro de Educación Infantil e Primaria de Pedrouzos e o Instituto de Educación Secundaria de Viceso ámbolos dous emprazados no propio Concello de Brión. Institucionalmente dita colaboración se concreta en dous Convenios Marco asinados polo Rector da Universidade de Santiago co Alcalde do Concello de Brión e o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O Grupo de Investigación Socio-Territorial (GIS-T) forma parte do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da Universidade de Santiago de Compostela. É un grupo interdisciplinar no campo das Ciencias Sociais no que traballan de forma complementaria e coordinada profesionais de diferentes áreas científicas, xeógrafos, economistas, traballadores sociais, sociólogos, arquitectos-urbanistas, especialistas en comunicación e psicopedagogos. O seu obxectivo principal é o de contribuír ó desenvolvemento sostible de Galicia e a súa proxección internacional, nos eidos social, económico e territorial. As súas actividades están orientadas á investigación básica e aplicada e á difusión e formación especializada de Recursos Humanos a partir dos resultados obtidos e metodoloxías aplicadas nos seus estudios e investigacións concretas.

Como grupo de investigación ten unha ampla experiencia en temas relativos ó desenvolvemento social e económico en áreas rurais e urbanas. Os seus investigadores teñen participado na elaboración de estratexias de dinamización social e planeamento participativo en México, Irlanda, Alemania, Portugal i España. No eido da planificación estratéxica o GIS-T traballou na redacción do Plan Estratéxico de Marketing Territorial da rede das 18 cidades de Galicia e Norte de Portugal que conforman o "Eixo Atlántico". En consultaría de empresas o GIS-T e os seus membros teñen participado en proxectos diversos entre os que destacan estudios socioeconómicos agrarios a nivel comparativo internacional para a Fundación Feiraco ou a participación no "Estudio sobre saídas laborais para titulados universitarios" elaborado para Consultores Económicos Asociados S.A. etc. En canto á formación de Recursos Humanos o GIS-T dirixe e imparte cursos sobre Planeamento Territorial, Xeografía da Sociedade da Información e Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Territorial, tanto en modalidade presencial como semipresencial a través da tecnoloxía WebCT. Ten impartido cursos en diferentes institucións universitarias de México, Irlanda, Alemania, Portugal e España.

O GIS-T estivo a desenvolver o proxecto SINDUR, "Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano Rexional. Fundamentos teóricos e análise de impacto en rexións periféricas", financiado con fondos FEDER da Unión Europea e polo Ministerio de Ciencia y Tecnología (MCYT), e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Investigación. No marco do proxecto SINDUR o GIS-T levou a cabo un módulo de investigación centrado nas metodoloxías de inclusión social na Sociedade da Información (E-Inclusión), sendo unha peza fundamental o desenvolvemento dunha comunidade virtual no Concello de Brión a través da creación e dinamización de www.infobrion.com.

Dende setembro do ano 2007 o próxecto Infobrion atópase nunha nova etapa na que o Concello de Brión se fixo cargo en exclusiva da dirección e desenvolvemento deste portal pechandose así un longo período de colaboración co Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela, que so se pode cualificar de enriquecedora e satisfactoria en todos os seus aspectos. O traballo desenvolvido polos seus investigadores puxo as bases e levantou as columnas sobre as que se asenta un sólido proxecto que agora, na súa madurez, asume con ilusión o Concello de Brión.

© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela