Infobrion Correo Electrónico

Granxa Familiar: o comercio máis xusto para Galicia...

Granxafamiliar.com é un sistema de xestión de información dixital para a comercialización de productos agrarios de orixe familiar.
A finalidade do proxecto é impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co fin de valorar a calidade de vida e por en valor a cultura rural, establecer unhas canles de comunicación entre o mundo rural e urbano, incluir no mercado a producción tradicional de autoconsumo das explotacións agrarias familiares e promover a difusión das Novas Tecnoloxías como ferramentas de intervención social fronte ó fenómenoda exclusión socio-territorial coñecido como "fenda dixital".

Trátase de establecer unha ponte de comunicación entre productores e compradores co fin de evitar as comisións das empresas intermediarias, dirixindo as rendas en beneficio de ambos.
Para levar a cabo o proxecto Granxa Familiar, asinouse un convenio entre: Universidade de Santiago de Compostela, CONCELLO DE BRIÓN, Concello de Antas de Ulla, Obra Social Caixa Galicia, Fundación Feiraco e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. O proxecto está coordinado polo Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela (GIS-T IDEGA).
 
....OBXECTIVOS

01.- Incrementar as rendas familiares no rural galego.
02.- Introducir no mercado a producción tradicional de autoconsumo familiar.
03.- Difundir o uso das Novas Tecnoloxías a nivel local para facer fronte á marxinación dixital coñecida como Fenda Dixital.
04.- Impulsar a recuperación da memoria histórica no medio rural e difundila cara o medio urbano.
05.- Revalorizar a cultura rural a partir do uso das Novas Tecnoloxías.
06.- Impulsar as relacións, a comunicación, e o contacto directo entre familias urbanas e rurais galegas.
07.- Impulsar o desenvolvemento das capacidades de innovación no medio rural galego.
08.- Motiva ós mozos e mozas cara o desenvolvemento rural e das actividades agrarias.
 
....SECCIÓNS
 

AS NOSAS GRANXAS

Aqui teñen cabida todas as granxas que se preocupan porque os productos galegos teñan a calidade que os consumidores merecen.


OS NOSOS PRODUCTOS

Os mellores productos da horta e da granxa galega explicados ó detalle con todas as súas características en textos, imaxes, sons e videos.

as nosas granxas os nosos productos
   

OS NOSOS MUSEOS
A cultura e a tradición rural de todo un pobo postos ó servizo dos visitantes grazas ás Novas Tecnoloxías


O NOSO MERCADO
Mercadillo virtual: A compra-venda de ferramentas de labranza e gandería teñen cabida nesta sección.
A nosa feira: Aquí poderás mercar todos os productos das nosas Granxas.

os nosos museos o noso mercado
   

FOROS E ENQUISAS
Participa e opina na nosa sección de enquisas e foros. A túa opinión interesanos


SERVIZOS DE COMUNICACIÓN

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós dende granxafamiliar.com
enquisas servizos de comunicación
     
ver páxina web
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela