Escola Municipal de Música de Brión
Avenida Pedrouzos, nº 70
15865-Brión
A Coruña
Teléfono: 981509908 Ext. 31
escolamusica@briondixital.org
A Escola Municipal de Música de Brión contempla tres niveis formativos diferenciados dentro do Plan Educativo do Centro (PEX) e outros niveis formativos paralelos ó sistema educativo. Como calquera outro centro educativo establécese unha progresión entre os distintos niveis formativos, materias, asignaturas, tempos lectivos, etc. No caso das escolas de música, o ser ensinanzas non regradas e non existir unha normativa estricta ó efecto, é a Corporación Local e a Dirección do Centro quenes deben definir esta estructura. Pódese descargar A Organización das Ensinanzas.
Nivel I
Neste primer nivel formativo caracterizase por ser un temperá acercamento á música, natural e progresivo, desenrolandose no marco da infancia. Etapa denominada “despertar dos sentidos”, comenzaráse a traballar nos nenos, de forma intuitiva e fantasiosa, tódalas aquelas facultades que intervirán máis tarde nas súas aprendizaxes artísticas e musicais: oído, voz, ritmo, movemento, psicomotrocidades, memoria musical, etc.
Nivel II
Nesta etapa o neno desenrola enormemente as súas capacidades tanto físicas coma intelectuais. Iso permitirá un desenrolo en tódolos ámbitos, e conseguintemente, nas súas destrezas musicais. Así, neste segundo nivel formativo caracterizase polo desenrolo das facultades musicais que comenzáranse a despertar na etapa anterior, á vez que aumentan as capacidades expresivas e se profundiza no coñecemento da música e dos elementos da súa linguaxe. Pódese decir polo tanto que o Nivel II é a progresión lóxica á cal conduce o Nivel I.
Nivel III
O alumnado que conclúa a etapa anterior, Nivel II, consolidou xa a base dunha formación que lle permita agora profundizar nas súas destrezas musicais. Desta forma, a medida que se vaia avanzando nesta nova etapa, experimentará retos artísticos cada vez máis complexos, pero tamén máis emocionantes, e todo elo suporá unha fonte de enriquecemento personal e de ampliación de recursos que o encamiñaran progresivamente cara certa autonomía artística cando termina o Nivel III.
Outros Ámbitos educativos
Outros niveis educativos dentro da Escola Municipal de Música de Brión, son os cursos de acceso, cursos de reforzamento e os cursos para adultos.
- Cursos de Acceso: para acceder ó sistema educativo da Escola de Música. A partir de 9 anos.
- Cursos de Reforzamento: para acceder ó sistema regrado dos Conservatorios.
- Plan Educativo para Adultos (PEA): persoas maiores de 16 anos.
- Taller Coral: para mayores de 18 anos sen coñecementos de linguaxe musical.