Escola Municipal de Música de Brión
Avenida Pedrouzos, nº 70
15865-Brión
A Coruña
Teléfono: 981509908 Ext. 31
escolamusica@briondixital.org
As especialidades que oferta o Escola Municipal de Música de Brión para o curso 2008-2009, son as previstas na Orde do 12 de Marzo de 1993 no marco dunha formación clásica. Os ámbitos educativos principias son os seguintes:
Música e Movemento
Música e movemento e a signatura troncal no Nivel I do organigrama educativo da Escola de Música. Seguindo unha pedagoxía musical especializada é estructurase en dous ciclos de dous anos cada un da seguinte maneira:
1º Música e Movemento (Nenos e nenas nados no ano 2002)
2º Música e Movemento (Nenos e nenas nados no ano 2001)
3º Música e Movemento (Nenos e nenas nados no ano 2000)
4º Música e Movemento (Nenos e nenas nados no ano 1999)
Formación Complementaria
A linguaxe musical, para nenos a partir de 8 anos, xóvenes e adultos. Para os nenos é a continuación natural de todo o anterior. Proporciona ó alumnado a “alfabetización” musical para que poda ler e escribir música de forma fluída. Indispensable para abordar o estudio dun instrumento clásico e o seu estudio realizase simultáneamente ó do instrumento. A asignatura de linguaxe musical é unha asignatura troncal do Nivel II e tamén no primeiro curso do Nivel III.
Práctica Instrumental
Os estudios instrumentais comenzarán ós 8 anos e se realizan de forma paralela a Formación Musical. A oferta de especialidades instrumentais que se imparten son as seguintes:
Piano.
Guitarra.
Trompeta/Fliscorno.
Tuba/Bombardino.
Trombón.
Clarinete.
Saxofón.
Frauta Traveseira.
Actividades de Conxunto
Este apartado trátase dun campo cunhas posibilidades infinitas. Consideramos moi importante que estén presentes dende o primeiro momento no currículo da Escola de Música para face-las realidade a medida que vaia sendo posible. Ademáis constituen o eixo principal da actividade do Centro xa que suporá que estas clases de conxunto, na súa evolución, poden dar orixe a novas agrupacións estables que poderán, co tempo, adquirir autonomía e identidade propias, enriquecendo a actividade cultural de Brión e dotando á pobación de novas alternativas de ocio e creación artística. Entre as actividades de conxunto que oferta a Escola de Música atópanse a seguinte : Conxuto Coral para maiores de 8 anos.