Escola Municipal de Música de Brión
Avenida Pedrouzos, nº 70
15865-Brión
A Coruña
Teléfono: 981509908 Ext. 31
escolamusica@briondixital.org
ATENCIÓN: por motivo das obras de rehabilitación do local da escola de música, comezaremos o curso 08/09 no Antigo Centro Médico dos Ánxeles situado en Soigrexa Nº 6 :: perdoén as molestias :: |
Desde hai casi dous anos a Escola Municipal de Música de Brión, ven desenrolando as súas actividades docentes entre dous locias do Concello: o local sito nos Ánxeles (antigo centro de saúde) e o local de ensaio da Banda de Música (antiga cámara agraria). O elevado número de matriculados nestes últimos anos e o aumento das especialidades instrumentais no currículo da Escola coma de profesores adscritos, fan que estas dependencias queden desmelloradas para unha práctica docente e desenrolo académico de calidade. Por iso as novas dependencias da Escola Municipal de Música situadas en Pedrouzos (antigas denpendecias de Servizos Socias) veñen a mellorar as necesidades e o servizo ós alumnos matriculados na Escola nas distintas especialidades instrumentais e teóricas.
As novas dependencias supoñen unha mellora na racionalización do espazo para adicado á atender as demandas e necesidades dos usuarios da propia Escola de Música (dende profesores ata alumnos) co fin de obter unha satisfactoria calidade do centro educativo, dende a atención ó publico ata a xestión e a práctica docente. A Escola contará coas seguintes áreas con clara funcionalidade según o cometido das mesmas:
Aulas de docencia. O centro contará con catro unidades para a impartición docente.
Oficinas de Xestión académica. Destinadas á atención ó público e xestión académica. Para estos cometidos disporáse dunha oficina de dirección e unha secretaría.
Biblioteca/Claustro de profesores.
Zonas reservadas.
Almacén.
Aulas de Docencia
A Escola Municipal de Música contára con catro unidades adicadas á práctica docente. A distribución de horas, asignaturas e profesores nas distintas aulas é a seguinte:
- Aula 1. Asignaturas Troncais: Linguaxe Musical. Profesores: Jorge Rey Barca, Marina Abuín Salgado e Carlos Abuín Carrillo.

- Aula 2. Asignaturas Troncais: Piano. Profesor: Carlos Pintor Iglesias.

- Aula 3. Asignaturas: Música e Movemento, Linguaxe Musical, Guitarra e Clarinete. Profesores: Francisco Javier Álvarez Mata, Marina Abuín Salgado.

- Aula 4. Asignaturas: Vento-Metal, Saxofón, Frauta Traveseira. Profesores: Jorge Rey Barca, Carlos Gulías Carrillo.

Oficinas de Xestión Académica
Estas dependencias estarán adicadas únicamente a procesos administrativos e de xestión académica para mellorar a atención ó público da Escola de Música. Son as seguintes:
- Dirección. Dedicada á xestión académica e económica do centro educativo.
- Secretaría. Dedicada para a realización de procesos administrativos (matriculación, baixas, xestión do expediente académico, etc).

Biblioteca/Claustro
Esta dependencia terá dúas finalidades destacadas:
- Biblioteca. Usaráse coma fondo bibliográfico que nun tempo futuro poderísase ampliar cun servizo de préstamo tanto para os profesores coma os alumnos ou mesmo persoas alleas ó centro educativo.
- Claustro. Nel realizaráse os claustros de profesores para mellorar o proceso educativo.

Zonas Reservadas
Dentro da infraestructura da Escola Municipal de Música de Brión quedarán dúas zonas reservadas a outros fins alleos a propia Escola. Estas dúas zonas son:
- Archivo de Servizos Sociais.
- Dependencia para reunións de cazadores, asociacións, etc.
Almacén
Haberá un espazo adicado a almacén na propia Escola de Música co fin dar saída a material que non teña cabida nas propias dependencias da Escola de Música.