Infobrion Correo Electrónico
Cestos

Escola Municipal de Música Magariños
Avenida Santa Minia, nº 70
15865-Brión
A Coruña

Teléfono: 981509903
escolamusica@briondixital.org
http://escolamusicamagarinos.blogspot.com/

Obxectivos

A Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión terá dous grandes obxectivos ou fins:
Ofrecer ó seu alumnado unha formación artística-musical da máxima calidade.
Impulsar a actividade social e cultural no Concello de Brión a través da educación musical.
Estos dous grandes obxectivos ou fins definirá todo un modelo de centro, e polo tanto, toda unha filosofia de educación musical.

Para a definición de ámbolos fins, o punto de partida foron os fins e principios que poden considerarse como universalmente aceptables para toda actividade educativa, e que na L.O.X.S.E. define da seguinte maneira:

Fins

- Pleno desenrolo da personalidade do alumno.
- A formación no respeto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios demorcráticos da convivencia.
- A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así coma os coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.
- A capacitación para o exercicio das actividades profesionais.
- A formación no respeto á pluralidade lingüística e cultural de España.
- A preparación para participar activamente na vida social e cultural.
- A formación para a paz, a cooperación e solidariedade entre os pobos.

Principios

- A formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en tódolos ámbitos da vida, persoal, familiar, social e profesional..
- A participación e colaboración dos pais ou titorespar contribuir na mellor consecución dos obxetivos educativos.
- A efectiva igualdade de dereitos entre sexos, e o rexeite a todo tipo de descriminación, e o respeto a tódalas culturas.
- O desenrolo das capacidades creativas e do espíritu crítico.
- O fomento dos hábitos de comportamento democrático.
- A autonomía pedagóxica dos centros dentro dos límites establecidos polas leis, así coma a actividade investigadora dos mestres a partir da súa práctica docente.
- A atención psico-pedagóxica e a orientación educativa e profesional.
- A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
- A avaliación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, dos centros docentes e dos distintos elementos dos sistema.
- A relación co entorno social, económico e cultural.
- A formación no respeto e a defensa do medio ambiente.

Ademáis destas ideas, para a definición dos dous grandes fins da Escola Municipal de Música do Concello de Brión teránse en conta as seguientes ideas:

1º En relación có Fin Formativo

- A Escola Municipal de Música do Concello de Brión proporcionará ó seu alumnado unha formación artística-musical orientada nunha dobre línea:
- Educar a través da música. Contribuir ó desenrolo integral da cada alumno a través da súa formación musical, orientando sempre as aprendizaxes dende a vertente educativa e non dende a vertente meramente instructiva.
- Ofrecer una cualificacón musical específica que permita o alumnado:
- Desenrolar certa autonomía musical, mediante a cal existirá a posibilidade de emprender, con garantías de éxito, iniciativas musicais propias e de calidade, aínda que todavía dende unha perspectiva non profesional, e con independecia da idade, aptitudes e demáis circunstancias da cada alumno, o cal permitirá a cada un realizarse artísticamente, e polo tanto persoalmente.
- Emprender, con garantías de éxito, estudios musicais encamiñados á obtención dun título oficial a aqueles alumnos que opten por unha futura dedicación profesional á música.
- A responsabilidade formativa da Escola será total, xa que proporcionará ó alumnado a base sobre a que cada alumno asentará as aprendizaxes e experiencias futuras.
- Para que a Escola poda ofrecer unha formación musical que cumpra cós propósitos descritos, asumindo a súa gran responsabilidade, será necesario conseguir unha oferta educativa da máxima calidade, para o cal deberán manterse uns plantexamentos coherentes ó longo de todo proceso formativo que experimente cada alumno.

2º En relación có Fin Social e Cultural

A Escola Municipal de Música do Concello de Brión consolidaráse coma unha verdadeira institución educativa e cultural, arraigada no Val da Amaía para o beneficio de tódolos seus veciños, cos seguintes cometidos:

- Proporcionará ós veciños do Concello de Brión dispostos a cursar estudios musicais a citada formación artística-musical de calidade.
- Impulsar a cultura do Concello de Brión a través da actividade musical, servindo de marco de proxección para ó alumnado, permitindo a éste poñer en práctica e completar así as aprendizaxes levados a cabo nas aulas.
- Motivar un gran interés e implicación social en todo o relativo a esta actividade cultural-musical, contribuíndo a creación dunha conciencia participativa entre tódolos veciños.
- Servir de punto de encontro para os veciños das diferentes localidades que integran o Concello de Brión, o constituirse a Escola Municipal de Música nun elemento notable de identidade que favorezca un sentir positivo de pertencer ó Concello de Brión.
- Lograr un prestixio do Concello de Brión na nosa comunidade e fora dela pola labor da vida desta institución.
- Servir coma vía de comunicación e de intercambio social e cultural con outras localidades, tanto a nivel autonómico coma estatal, o incluso internacional.
- Contribuir, en definitiva, a que o Concello de Brión non medre tan só en vivendas e en habitantes, senon que o mesmo tempo, harmónicamente, o faga en servicios e nunha arraigada actividade social e cultural que favorezca o enriquecimento da dimensión humana dos seus veciños, ó fomentar a creación dunha conciencia cidadá que derive nunha maior responsabilidade e participación social, un maior civismo, tolerancia, respeto, solidariedade, etc.

© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela