Infobrion Correo Electrónico
Cabalos

De todos é sabido que o mundo do cabalo ten moita presencia no Concello de Brión. Neste senso, o principal evento que cabe destacar é a Festa do Cabalo, a cal é xa toda unha institución dentro das celebracións ecuestres galegas tras cumplir máis de vinte edicións. En todo este tempo a festa evolucionou en tódolos sentidos pero sempre manténdose fiel ó seu espíritu inicial e ós procedementos tradicionais. Para entender esta festa compre recoñece-la importante labor da Asociación Cultural Festa do Cabalo de Brión e dos seus organizadores e colaboradores que con esforzo e ánimo organizan ano tras ano este evento imprescindible na axenda brionense. Sabedores desta realidade, Infobrion decidiu realizar ó longo destes anos unha serie de fichas e reportaxes gráficos relacionados coa hípica no Concello de Brión. Desexamos que todo este esforzo conxunto achegue e aumente o interese e a paixón polo cabalo entre tódolos veciños e veciñas de Brión e Galicia.

Dende o ' 70, maís de vinte anos

Máis de vinde anos pasaron xa dende a 1ª Festa do Cabalo do Concello de Brión, sufriu varios cambios de ubicación e de datas pero a maneira de entender o amor cara os cabalose o mesmo de cando comezou.
Moitos son os que axudan dunha maneira ou outra en cada Festa do Cabalo de Brión. Todos e todas elas reunense ano a ano no Campo de Rañalonga no segundo fin de seman de Setembro para poñe-la súa vontade e o seu esforzo ó servizo da celebración. Os máis de vinte anos de experiencia fanse notar na organización e xestión dos eventos, así como a ilusión posta no éxito da Festa.
Son moitos os aspectos a coidar nunha celebración tan popular e laboriosa como a Festa do Cabalo. Para leva-la adiante faise necesaria a implicación de moitas personas, a colaboración de moitas entidades pero, sobre todo, a ilusión de todas elas por acadar un obxectivo común.
Ainda que os protagonistas desta festa son os cabalos e os seus xinetes, os imprescindibles de cada festexo son os postos de comida e larpeiradas. Carpas, cantinas e tendas ambulantes comparten o recinto feiral convertíndose en puntos de descanso, socialización e inxestión. Outro compoñente importante nas festas é o da seguridade, e máis no caso dunha feira cabalar. Para protexer a participantes e asistentes estan presentes efectivos de protección civil, bombeiros e ambulancias. Ademais disto, compre destaca-lo bó acondicionamento dos accesos e dos aparcadoiros, algo que facilita a circulación dos vehículos.
Todos estes esforzos son necesarios para que ano a ano, dende o 1970, se realice a FESTA DO CABALO DE BRIÓN.
Podes ver as fotografías e videos dixital dalgunhas das Festas do Cabalo de Brión nos enlaces que abaixo presentamos:

Festa do Cabalo de Brión dos anos 1983 e 1988
A Festa do Cabalo de Brión a comezos dos anos noventa
Festa do Cabalo de Brión 1993
Festa do Cabalo de Brión dos anos 1994 e 1995
Festa do Cabalo de Brión 1997
Festa do Cabalo de Brión dos anos 1998 e 2000
Festa do Cabalo de Brión 2005
Festa do Cabalo de Brión 2006

Durante as dúas xornadas que dura a Festa podese atopar en Rañalonga a moita xente do Concello que ademais de desfrutar coas diferentes actividades, axuda dun xeito ou outro á Festa. Á opinión xeneralizada entre participantes e asistentes sempre é de total satisfacción. Algo ben merecido gracias ó traballo ben feito, froito do esforzo e da experiencia de tódalas personas involucradas na organización, xestión e desenvolvemento deste festexo.

A xente do Cabalo

É moita a xente que no Concello de Brión está en contacto directo co mundo do Cabalo, tanto os organizadores da Festa do Cabalo, coma os xinetes dos cales este concello ten unha canteira moi envidiable.

Manuel Fernadez e Santos Lapido: dous dos organizadores da Festa do Cabalo
O pasado día 4 de marzo do 2005 entrevistamos na Casa de Cultura do concello de Brión, a dous membros da comisión da Asociación Cultural da Festa do Cabalo de Brión, festa que se está a celebrar neste concello dende o ano 1970. Os nosos convidados, moi coñecidos polos veciños de Brión explicáronnos con todo detalle cómo levan adiante, ano tras ano, a organización desta sonada festa que atrae a participantes e visitantes de moitos recunchos de Galicia. Ver ficha | Videos dixitais

Manolo Gosende e Hípica Mahía son sinónimos de paixón polo cabalo
A orixe da Hípica Mahía comezou na parroquia de Bastavales, no Concello de Brión. Manolo Gosende tiña un cabalo e decidiu vender o seu tractor para mercar unha egua. Ó pouco tempo de comezar coa cría de cabalos, trasladouse a Bertamiráns, no Concello de Ames, aló polo ano 1991. Nesta localidade da Mahía xa foron criados 14 potros. Na actualidade ten 26 cabalos en propiedade e outros tantos de clientes que alugan box e contratan os servicios de comida, biruta e coidados. Ver ficha

Opinións dos organizadores e participantes da Festa do Cabalo
Son moitos os aspectos a coidar nunha celebración tan popular e laboriosa como a Feira do Cabalo. Para leva-la adiante faise necesaria a implicación de moitas personas, a colaboración de moitas entidades pero, sobre todo, a ilusión de todas elas por acadar un obxectivo común. A comisión e tódolos encargados, axudantes e participantes da Festa fixeron unha avaliación moi positiva desta última edición. Ver ficha

Raúl Barbazán Viqueira, un xinete de cabalos pura sangue en Boullón
Raúl Barbazán, un destacado xinete de cabalos pura sangue. Xuventude, forza e carisma son tres das cualidades que definen as actuacións deste mozo competindo con cabalos pura sangue. Raúl Barbazán Viqueira, nado no ano 1982 en Boullón, é un verdadeiro afeccionado do mundo dos cabalos. No mesmo ano do seu nacemento abría as súas portas a Hípica Boullón, rexentada polo seu tío Moncho Barbazán.
Ver ficha

Máis que cabalos

Ainda a pesar de que o cabalo é o protagonista indiscutible, arredor deste evento organizanse outras actividades paralelas que completan unha ampla oferta para o segundo fin de seman de Setembro:

Exhibición canina, unha demostración de amestramento
Normalmente na tarde do sábado abrese a Festa do Cabalo coa xa típica exhibición canina, onde se mostran as cualidades dos cans amaestrados. Ver ficha

Feira cabalar: Cultura hípica do concello de Brión
Durante os dous días, numerosos asistentes acheganse ó recinto cos seus cabalos, eguas, burros, poldros, ponies... coa finalidade de mostra-los animais ou vendelos. Unha mostra máis da consolidada tradición ecuestre do concello de Brión. Asistentes de tódolas idades poden comproba-la sensación de montarse nos cabalos. Sobre todo os nenos e nenas que participan no "ponie club" que se habilitan no interior do recinto. O domingo tódolos asistentes participan dun xantar campestre nas carpas situadas entre os diferentes picadeiros. Ver ficha

Monta de cabalos bravos e toreo de vaquillas
Nunha praza circular celebrase un rodeo con cabalos bravos, onde tódolos voluntarios poden montar o lombo dun cabalo salvaxe, coa finalidade de aguantar sobre el o máximo tempo posible. Mentres, sona música "country" que permite a tódolos visitantes transportarse de forma imaxinaria ata o Salvaxe Oeste americano e disfrutar dun rodeo que mistura expectacularidade e comicidade, debido ás numerosas caídas. Como peche das xornadas, celebrase un pequeno encerro de vaquillas onde tódolos valentes poden saltar ó interior da praza para torear e esquiva-las envestidas das vaquillas. Ver ficha | Videos dixitais

A proba da Xincana
Nunha man, unha bandexa sobre a que se asenta unha copa, na outra, as rendas para guiar ó cabalo evitando os diferentes obstáculos do percorrido. Así de completa é a proba da Xincana, unha das competicións clásicas da Festa do Cabalo de Brión. Entorno ó percorrido reunense deceas de personas que vitorean a tódolos participantes, que demostran as súas habilidades o lombo dos cabalos.
Ademais de ser unha proba emocionante como poucas, a xincana ten a capacidade de divertir tanto a espectadores coma a participantes. Por estes motivos é unha das competicións que máis interese desperta entre tódalas propostas da organización da Festa do Cabalo. Ver ficha

Mesa redonda sobre a Festa do Cabalo
No ano 2005 o aveiro das Xornadas Sindur, celebrouse na Casa da Cultura de Brión unha mesa redonda sobre a Festa do Cabalo. Nesta mesa redonda estaban presentes Manolo Rosende, membro da Asociación Cultural Festa do Cabalo de Brión e propietario da Hípica Mahía de Bertamiráns; Manolo Boullón pertencente á Asociación de Cabaleiros de Brión; Raúl Barbazán, xinete da Hípica Boullón e participante na Festa do Cabalo de Brión, e Patricia Fernández, xinete da Hípica Mahía e participante na Festa do Cabalo de Brión entre outras competicións de carácter autonómico. Ver ficha

O mundo cabalar un pouco máis preto

A Festa do Cabalo de Brión permítenos coñecer e desfrutar dun deporte tan fermoso e particular como é a hípica. Esta celebración non só está adicada ós afeccionados e entendidos, senón que tamén permite a aqueles máis inexpertos observar e interesarse polos extraordinarios exemplares equinos. InfoBrión quere colaborar na expansión deste interesante deporte proporcionando unha ferramenta de información e acceso a diferentes webs relacionadas co mundo da hípica.

Para entrar nas diferentes páxinas debes premer en cada un dos enlaces:

CLUBES E ASOCIACIÓNS HÍPICAS:

Federación Hípica Galega
Hípica Boullón (Brión )
Club Hípico Chimborazo (Teo)
Asociación Pura Raza Cabalo Galego


DIRECTORIO:

Camiño de Santiago
Xuventude
Galicia Dixital

INFORMACIÓN XERAL:

Web ocio cabalo
Wikipedia

© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela