| 16/04/2007 | As actividades organizadas para conmemorar o Día Escolar pola Paz |
|---|---|
| 16/04/2007 | A elaboración dos carteis sobre a Paz |
| 16/04/2007 | Os traballos pola paz do alumnado do IES Esparís |
| 03/07/2006 | Charla sobre igualdade no IES Esparís |
| <Ant | 1 2 3 4 | Seg> |
| 04/07/2007 | O Mago Richard amosou no IES Esparís o lado máxico da Tecnoloxía |
|---|---|
| 10/05/2007 | A Selva Amazónica por Marcos, Darío, Brais e Pablo |
| 10/05/2007 | A Selva Amazónica por Ana Corbillón, Laura Ramas e Laura Grobas |
| 09/05/2007 | A Selva Amazónica por Carme Vidal, Patricia Fernández e Irimia Muelas |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
| 06/07/2006 | Un obradoiro achegou ós alumnos do IES Esparís as técnicas tradicionais de fotografía |
|---|---|
| 23/03/2006 | Igrexa de San Miguel de Boullón |
| 20/03/2006 | Concerto no IES Esparís de Paulina, unha musicóloga polaca |
| 10/03/2006 | A Igrexa de Cornanda |
| <Ant | 1 2 3 | Seg> |
Na área de Tecnoloxía os alumnos e alumnas respostan a cuestións sobre o tempo adicado ó estudo e ás TIC e ofrecennos os resultados obtidos en diversos gráficos, que analizarán.
Na área de Tecnoloxía proponse unha actividade práctica que permite traballar co sistema operativo, procesador de textos e folla de cálculo e coñecer hábitos de estudo e relación coas TIC do alumnado. A actividade consiste na realización dunha enquisa ao alumnado de 3º de ESO do IES Esparís. Unha vez recollidos os datos, os alumnos/as trataranos nunha folla de cálculo e realizarán gráficas que amosen os resultados obtidos, para un posterior análise. O traballo consta das seguintes fases:
1. Deseño e confección da enquisa:
Propóñense dúas preguntas básicas e danse indicacións para que os alumnos/as confeccionen o resto da enquisa, incidindo na cuantificación das despostas para poder realizar a análise posterior. Para confeccionar a enquisa os alumnos/as empregan o procesador de textos.
A enquisa e as posibilidades de respostas propostas polo alumnado de 3º de Tecnoloxía foron as seguintes:
ENQUISA: HÁBITOS INFORMÁTICOS E DE ESTUDO
1. ¿Canto tempo adicas diariamente ao estudo fora das sesións de clase (deberes, traballos, estudo, etc)?
A) Ningún
B) Entre 0-1h.
C) Entre 1-2h.
D) Máis de 2h.
2. ¿Canto tempo empregas semanalmente co ordenador (traballos, xogos, escoltar música, internet,etc)?
A) Ningún
B) Menos de 2h.
C) Entre 2-5h.
D) Entre 5-10h.
E) Máis de 10h.
3. ¿Para que empregas habitualmente o ordenador?
A) Traballos, estudios, buscar información
B) Xogos.
C) Navegar por internet.
D) Música, fotos, vídeos, ocio en xeral.
E) Outros.
4. ¿Qué usos fas de INTERNET preferentemente?
A) Descargar música, vídeos, programas, xogos, etc.
B) Buscar información
C) Chats, foros,…
D) Correo electrónico.
E) Outros.
5. ¿Tes ordenador na casa?
A) Si
B) Non
6. ¿Tes conexión a INTERNET na casa?
A) Si
B) Non
7. ¿Cantos minutos empregas diariamente ao estudo?
2. Recollida de datos nunha folla de cálculo.
Os alumnos de cada grupo recollen os datos nunha folla de cálculo creada para tal fin na cal se codifican as preguntas (P1, P2,…) e as respostas (A, B, C, D, E).
3. Empréganse funcións de folla de cálculo (Excel) para obter táboas resumo de cada unha das preguntas e creánse gráficos diferentes que amosen os resultados da enquisa.
4. Trabállase con diferentes tipos de gráficos e estudamos como se realizan modificacións no formato.
5. Analízanse os resultados obtidos nos gráficos.
Os gráficos obtidos cos resultados amósanse nas imaxes exportas na galería.