06/04/2018 | As mulleres da miña vida, I Certame Literario Maio en Brión [Editado] |
---|---|
20/01/2017 | Luciano Pena apúntase ao galego |
16/04/2007 | As actividades organizadas para conmemorar o DÃa Escolar pola Paz |
16/04/2007 | A elaboración dos carteis sobre a Paz |
<Ant | 1 2 3 4 5 | Seg> |
06/07/2006 | Un obradoiro achegou ós alumnos do IES EsparÃs as técnicas tradicionais de fotografÃa |
---|---|
23/03/2006 | Igrexa de San Miguel de Boullón |
20/03/2006 | Concerto no IES EsparÃs de Paulina, unha musicóloga polaca |
10/03/2006 | A Igrexa de Cornanda |
<Ant | 1 2 3 | Seg> |
O IES de Brión volve a ser noticia pola excelencia do seu alumnado. Estudantes de 1º de Bacharelato de TecnoloxÃa Industrial e Debuxo Técnico, acaban de obter o 1º premio no concurso "Sensores 2018", un certame convocado por Igaciencia e que conta co patrocinio do Concello da Coruña.
Este galardón recoñece a calidade do proxecto BrionXbot; un robot deseñado, fabricado, controlado e programado integramente polo alumnado do centro de Secundaria brionés e que está inspirado nas esculturas cinéticas do artista neerlandés Theo Jansen.
A iniciativa desenvolveuse como proxecto interdisciplinario dos departamentos de TecnoloxÃa e Debuxo no último trimestre do curso e contou co soporte do Laboratorio de Formas Procesos e Materiais do IES de Brión, aberto este curso 2017/18 no contexto dos Contrato-programa da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Un merecido recoñecemento
A entrega de premios celebrouse o pasado xoves 21 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta da Coruña. Fátima Viqueira Barca e Alberte López Freire, que acudiron ao acto en representación do alumnado participante no proxecto, explicaron os aspectos máis salientables do mesmo e fixeron unha demostración do funcionamento do robot.
BrionXbot é un autómata de seis patas distribuÃdas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres articulacións montadas sobre un cegoñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cÃclica de avance. Está dotado de diversos sensores que permiten recompilar datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. Grazas á incorporación de Bluetooth e a unha pantalla LCD é posible monitorizar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén se poden controlar os movementos do robot de xeito remoto dende un teléfono móbil.
Manuel DÃaz Regueiro (Presidente de Igaciencia), Silvia Cameán Calvete (Concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña) e ValentÃn GarcÃa Gómez (Secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica), felicitaron ao alumnado polo seu traballo.