Infobrion Correo Electrónico

Concerto no IES Esparís de Paulina, unha musicóloga polaca

Eva Barbazán, Martín Souto e Sandy Cebral. 3ºC.

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Esparís poideron desfrutar dun concerto "en vivo e en directo" na Biblioteca do centro. Todo isto foi posible gracias a Paulina, musicóloga polaca e Fernando Reyes, intérprete de cítara, quen recuperaron as tradicionais Cantigas de Amigo e de Santa María, poñéndolles voz e música. A continuación, Infobrión ofrece un texto escrito sobre este concerto polos estudiantes de 3º C: Eva Barbazán García, Martín Souto Sánchez e Sandy Cebral Gómez.

O pasado día 1 de marzo os alumnos de 3º de ESO do IES Esparís- Viceso asistiron a un concerto dado na biblioteca. Paulina e Fernando Reyes estudaron as cantigas de amigo para tocalas e cantalas. El tocou a cítara, un instrumento musical do medievo, de corda, sacado dos pórticos das igrexas nos cales estaban representados en pedra. O instrumento está feito de madeira, as cordas con tripa de animais e tócase cunha pluma.

Paulina, unha rapaza polaca que veu a Galicia e aprendeu a falar galego só para cantar e entender as cantigas interpretou cantigas de amor humano (cantigas de amigo ou de amor) e de amor divino (as cantigas de Sta. María). Parte delas carecían de música, co cal tivo que adaptar a música das cantigas de Sta. María e transportala a estas cantigas, un proceso duro e longo. Tiña unha gran voz, e os dous xuntos deron un gran concerto. Finalmente dixeron que en oitocentos anos non se cantara este tipo de música . Pareceunos preocupante que tivese que vir unha persoa extranxeira a darnos a coñecer o noso mellor patrimonio literario.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela