Infobrion Correo Electrónico

A Igrexa de Cornanda

Yolanda Casal Martínez e Laura Alonso Vázquez.2ºA.

A profesora de Ciencias Sociais do IES Esparís, Obdulia Álvarez encargoulles aos alumnos de 2º da ESO a realización dun traballo sobre as igrexas das súas parroquia de procedencia. Esta actividade está destinada a complementación da materia e á profundización na arte románica. Infobrión ofrece unha selección destes escritos.

Introducción.
Barroco: Estilo artístico e literario nacido en Italia e desenvolvido en toda Europa occidental e Latinoamérica dende principios do século XVII a mediados do século XVIII. Caracterízase principalmente pola busca de movemento, paertura de espazos, importancia da luz e a mestura de arquitectura, escultura e pintura. En arquitectura hai profusión decorativa. Este estilo ten exceso de decoración e recargamento. O barroquismo é a calidade do Barroco.

Arte e arquitectura.
A igrexa parroquial de Santa María de Cornanda
pode datar do século XVII, ten planta rectangular, co presbiterio máis estreito e o teito de madeira, que foi sustituído non hai moitos anospor unha bóveda de cemento armado.
A fachada coróase cunha sinxela espadana con dúas campás. É de salienta-lo retábulo da capela maior, de fins do século XVII.

Ten dous corpos: no primeiro, separadas por columnas salomónicas, áchanse as imaxes da Asunción da Virxe e Santo Antonio de Padua.
No segundo corpo só hai unha fornela, na que estaba unha fermosa virxe sentada co neno Xesús no seu colo. Este, na man esquerda sostiña unha bola de cristal que foi roubada.

A igrexa por dentro.
O primeiro retábulo documentado é un que fixo o entallador Xoán de Bran, veciño de Santiago de Compostela, que levaría a figura de "Dios Padre en el frontispicio". Ao entrar pola porta grande en dita igrexa, atopamo-la pía bautismal e un pequeno obxecto de pedra onde se pon a auga bendita. Á esquerda están as escaleiras que dan á tribuna.

No altar está arriba de todo a Inmaculada (onde antes estaba outra imaxe que foi roubada) á dereita desta está Santa Lucía e á esquerda Santa Xertrude. A imaxe central é a da nosa patrona, Santa María e ao lado dereito San Xosé co neno.

Á esquerda está San Antonio de Padua.
Tamén temos a imaxe, nos laterais, de San Roque, un santo moi querido aquí, a Virxe do Rosario (festa 28 de Agosto) e o Sagrado Corazón de Xesús. No cruceiro hai un altar de pedra e o cruceiro ten, nun lado a imaxe de Santa María e noutro lado a imaxe de Xesús crucificado.
Esta igrexa é barroca pero ten o retábulo renacentista, traído dun mosteiro do século XIV.

Os cruceiros.
Hoxe en día só podemos deleitarnos coa contemplación de dous cruceiros en tódala parroquia, dos que un é unha sinxela cruz, situada na aldea de Busto de Frades. Na aldea da Graña está o outro, próximo á igrexa parroquial. As procesións viran arredor del, polo que ten diante un pensadoiro para poñe-la imaxe do santo ou o custodio o día do Santísimo.

A base consta de tres chanzos e base cúbica coa parte superior traballada. Segue a columna e o capitel, este último cunhas sinxelas molduras.
A cruz é circular con nós, imitando á madeira. A imaxe de Cristo está ben acabada, con boa anatomía, sobresaíndo no conxunto o pano de pureza. Na parte traseira atópase a Virxe das Dores, coas mans cruzadas sobre o peito e a espada espetada no lado esquerdo. A inscrición está borrosa e pode ser que este cruceiro non sexa anterior ao século XX.

Situación.
A parroquia de Santa María de Cornanda ocupa o extremo occidental do termo municipal de Brión.
Ten unha extensión de 9'8 kilómetros cadrados, que supoñen o 13 por cen de todo o concello. Limita polo nacente coa parroquia de Luaña, da que é, no eclesiástico, parroquia anexa:
Ao Norte, o Tambre sepárao dos Concellos de Negreira e Serra de Outes, e ao Sur, linda con Noia e Lousame.

Opinión persoal.
Aínda que nós pouco entendemos de arte destes século, gústanos a nosa igrexa, pequena pero moi bonita. Decorouse o retábulo con cor dourada e púxose unha nova mesa do altar de pedra. Os veciños da parroquia aportaron no ano 2004 un gran donativo para arranxa-la igrexa parroquial. reformouse o tellado, pintouse a igrexa e púxose madeira nas beiras da parede.

Cambiouse a decoración da Sacristía con mobles novos e cunha boa iluminación, así como ampliándoa e facéndolle unha nova saída á Igrexa.
Na Semana Santa do ano pasado, unha devota regalou unhas cruces negras que se puxeron ao longo da igrexa. Compráronse novas luces de araña que tamén son ben bonitas. Neste verán pasado os rapaces da comunión e da confirmación obsequiaron á igrexa cunha fermosa alfombra.

Fontes de información.
Revista "Altamira".
"Brión".
"Brión sen ir máis lonxe".
Preguntas á xente.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela