Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  | Seg>
Separador
Ciencia e tecnoloxía en galego
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Ciencia e tecnoloxía en galego no IES de Brión

Casa da Cultura. Concello de Brión

O día 5 de novembro o IES de Brión participou no III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego organizando diferentes actividades, como unha videoconferencia, diferentes mostras e a construción dunha ponte autoportante.

O evento ten como principal obxectivo defender uso do galego nas áreas de Ciencias e de Tecnoloxías e está organizado polo Institución Galega da Ciencia, a Asociación galega de profesores de educación matemática, a Asociación de ensinantes de Ciencias de Galicia e a Asociación de profesorado de Tecnoloxía de Galicia.

Este ano prop√ļxose a Tecnolox√≠a como tem√°tica anual, presentando as figuras de Ram√≥n Verea (inventor galego dunha das primeiras calculadoras), e Leonardo da Vinci e a bicicleta como principais propostas de traballo. Baixo o lema "A Tecnolox√≠a fala galego" e recuperando outros como" A tecnolox√≠a √© cultura" e "Tecnolox√≠a: evoluci√≥n e cultura", salientase a importancia da formaci√≥n tecnol√≥xica no sistema educativo, ante as novas propostas educativas.

No Instituto de Secundaria brion√©s realiz√°ronse varias actividades, todas de grande interese. A primeira delas foi a participaci√≥n o martes 6 de novembro nunha videoconferencia v√≠a web, organizada pola Coordinadora Galega de equipos de Normalizaci√≥n e Dinamizaci√≥n Ling√ľ√≠stica na que destacados investigadores en F√≠sica de Part√≠culas formados en institutos galegos achegaron tem√°ticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos cient√≠ficos que desenvolven na actualidade.

Os alumnos do centro de ensino brion√©s tam√©n exerceron de enxe√Īeiros participando no dese√Īo e construci√≥n da ponte autoportante de Leonardo da Vinci, proxecto que se pode contemplar no recibidor do instituto. Tam√©n realizaron dese√Īo de engrenaxes e unha mostra de bicicletas e slogans relacionados coa bicicleta como veh√≠culo sostible.

Na entrada do centro tam√©n se pode atopar unha pequena mostra de libros sobre a figura de Leonardo da Vinci e outra exposici√≥n de traballos elaborados por alumnado de 4¬ļ sobre Leonardo da Vinci, Ram√≥n Verea e a bicicleta.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela