| 16/04/2007 | As actividades organizadas para conmemorar o Día Escolar pola Paz |
|---|---|
| 16/04/2007 | A elaboración dos carteis sobre a Paz |
| 16/04/2007 | Os traballos pola paz do alumnado do IES Esparís |
| 03/07/2006 | Charla sobre igualdade no IES Esparís |
| <Ant | 1 2 3 4 | Seg> |
| 04/07/2007 | O Mago Richard amosou no IES Esparís o lado máxico da Tecnoloxía |
|---|---|
| 10/05/2007 | A Selva Amazónica por Marcos, Darío, Brais e Pablo |
| 10/05/2007 | A Selva Amazónica por Ana Corbillón, Laura Ramas e Laura Grobas |
| 09/05/2007 | A Selva Amazónica por Carme Vidal, Patricia Fernández e Irimia Muelas |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
| 06/07/2006 | Un obradoiro achegou ós alumnos do IES Esparís as técnicas tradicionais de fotografía |
|---|---|
| 23/03/2006 | Igrexa de San Miguel de Boullón |
| 20/03/2006 | Concerto no IES Esparís de Paulina, unha musicóloga polaca |
| 10/03/2006 | A Igrexa de Cornanda |
| <Ant | 1 2 3 | Seg> |
| 17/02/2006 | Obradoiro de educación afectivo-sexual para os estudiantes de 4º da ESO |
|---|---|
| 25/01/2006 | Os bós hábitos alimenticios a repaso no IES Esparís |
Na área de Tecnoloxía os alumnos e alumnas preparan un cuestionario, respostan a preguntas sobre os hábitos alimenticios e expoñen os resultados obtidos en diversos gráficos, que analizarán.
Na área de Tecnoloxía proponse unha actividade práctica que permite traballar co sistema operativo, procesador de textos e folla de cálculo e coñecer os hábitos alimenticios do alumnado. A actividade consiste na realización dunha enquisa ao alumnado de 4º de ESO do IES Esparís. Unha vez recollidos os datos, os alumnos/as trataranos nunha folla de cálculo e realizarán gráficas que amosen os resultados obtidos, para un posterior análise. O traballo consta das seguintes fases:
A. Deseño e confección da enquisa:
Para o deseño da enquisa, deronselle ao alumnado unha serie de indicacións, recordándolles contidos básicos de alimentación do curso anterior de Bioloxía e Xeoloxía. Para confeccionar a enquisa os alumnos/as empregan o procesador de textos.
A enquisa e as posibilidades de respostas propostas polo alumnado de 4º de Tecnoloxía foron as seguintes:
HÁBITOS ALIMENTICIOS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
1. ¿Cantas veces comes ao día?
2. Dos seguintes grupos de alimentos, ¿cal non está na túa dieta habitual?
Grupo I- Leite e derivados (iogurt, queixo,…)
Grupo II-Carnes, peixes e ovos.
Grupo III-Legumes, tubérculos (patacas) e froitos secos
Grupo IV-Hortalizas e verduras
Grupo V- Froitas e derivados (marmeradas, confituras, froita en almíbar)
Grupo VI- Cereais (arroz, pan, millo), pastas e azucre
Grupo VII-Graxas ( touciños, mantengas) e aceites
3. ¿Cantas veces á semana tomas pasteis, tartas, bolería industrial, xelados ou outros doces?
4. ¿Que tomas de almorzo?
a) Nada
b) So líquido- zumo ou leite
c) Cereais (galletas, bolería, pan,…) e zume ou lácteo
d) Froita (sólida ou zume), cereais (galletas, bolería, pan,…) e lácteo
5. ¿Que tomas a media mañán con maior frecuencia ou en maior cantidade?
a) Nada
b) Bocadillo
c) Froita (zumes) ou lácteo (yogurt, batidos,…)
d) Refrescos (coca-cola, fanta,…), chucherías (gominolas, patacas e derivados) e bolería industrial.
e) Outros
*Recordar que o número total será de 7 días da semana
6. ¿Cantos días á semana tomas como alimento principal…?
a) Carne□
b) Peixe□
c) Ovos□
d) Legumes(lentellas,garbanzos, fabas)□
e) Outros...□
7. ¿Cantos días á semana acompañas as túas comidas con…?
a) Arroz□
b) Patacas□
c) Pasta□
d) Verduras e hortalizas (ensaladas)□
e) Outros...□
8. ¿Con que bebida acompañas as túas comidas?
a) Auga
b) Zumes e/ou refrescos
c) Outros...
9. ¿Que tomas de merenda con maior frecuencia ou en maior cantidade?
a) Nada
b) Bocadillo
c) Froita (zumes) ou lácteo (yogurt, batidos,…)
d) Refrescos (coca-cola, fanta,…), chucherías (gominolas, patacas e derivados) e bolería industrial.
e) Outros...
10. ¿Que tomas de cea?
a) Leite con cereais, galletas, pan, etc
b) Ensaladas e ou froitas
c) Sandwich, pizza, bocadillo, hamburguesa,..
d) Peixes, carnes, ovos, pasta
B. Recollida de datos nunha folla de cálculo.
Os alumnos de cada grupo recollen os datos nunha folla de cálculo creada para tal fin na cal se codifican as preguntas (P1, P2,…) e as respostas (A, B, C, D, E).
C. Empréganse funcións de folla de cálculo (Excel) para obter táboas resumo de cada unha das preguntas e creánse gráficos diferentes que amosen os resultados da enquisa.
Descargar táboas resumo
D. Trabállase con diferentes tipos de gráficos e estudamos como se realizan modificacións no formato.
E. Analízanse os resultados obtidos nos gráficos polo alumnado e profesorado de Ciencias Medioambientais.
Os gráficos obtidos cos resultados amósanse nas imaxes exportas na galería de imaxes.