| 16/04/2007 | As actividades organizadas para conmemorar o Día Escolar pola Paz |
|---|---|
| 16/04/2007 | A elaboración dos carteis sobre a Paz |
| 16/04/2007 | Os traballos pola paz do alumnado do IES Esparís |
| 03/07/2006 | Charla sobre igualdade no IES Esparís |
| <Ant | 1 2 3 4 | Seg> |
| 04/07/2007 | O Mago Richard amosou no IES Esparís o lado máxico da Tecnoloxía |
|---|---|
| 10/05/2007 | A Selva Amazónica por Marcos, Darío, Brais e Pablo |
| 10/05/2007 | A Selva Amazónica por Ana Corbillón, Laura Ramas e Laura Grobas |
| 09/05/2007 | A Selva Amazónica por Carme Vidal, Patricia Fernández e Irimia Muelas |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
| 06/07/2006 | Un obradoiro achegou ós alumnos do IES Esparís as técnicas tradicionais de fotografía |
|---|---|
| 23/03/2006 | Igrexa de San Miguel de Boullón |
| 20/03/2006 | Concerto no IES Esparís de Paulina, unha musicóloga polaca |
| 10/03/2006 | A Igrexa de Cornanda |
| <Ant | 1 2 3 | Seg> |
Como sinalaba a propia Esperanza, orientadora do IES Esparís, o programa do centro para os últimos días do curso 2006-2007 incluía actividades de todo tipo, unhas máis lúdicas que outras, outras máis educativas que unhas, pero todas pensadas para rematar o ano académico dun xeito óptimo. Dentro das iniciativas máis educativas, menos lúdicas, pero máis interesantes, a Directora en Compostela da UMAD (Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes), Pilar Bermejo, puxo en xaque coñecementos, mitos e falsas crenzas dos rapaces sobre as drogas, dando unha perspectiva real das consecuencias que pode ter o uso e abuso destas substancias. Baixo o epígrafe "Prevención de drogodependencia", Pilar Bermejo ofreceu unha charla destinada ó alumnado de 3º da ESO co fin de formar e informar sobre este crecente problema.
“Eu controlo”. Segundo Pilar, esta é a frase máis repetida polos drogodependentes e usuarios de narcóticos. E haberá que crela, xa que os seus coñecementos están avalados polos máis de vinte anos de experiencia na asistencia e formación nesta área. O tópico do autocontrol, dese "a mín no me vai pasar", é un dos erros máis graves nos que incurren aqueles e aquelas que fan uso de calquera droga, sexa legal ou ilegal; un tópico co que Pilar combate coas armas da didáctica e a pedagoxía.
Os números non minten. Actualmente, España é o primeiro país en consumo e distribución de cannabis e cocaína de toda Europa. Estas cifras abarcan tódalas franxas de idade, destacando a que vai entre os 14 e os 18 anos. Unhas estatísticas alarmantes coas que Pilar intentan derruba-lo muro de esceptismo dos rapaces ós que se dirixe. "O máis difícil é facer creíble o meu discurso", pero aí está.
Se as drogas ilegais son as que máis alarma social crean, non se pode deixar de ter en conta ás drogas legais como o tabaco ou o alcol. De feito, e sempre segundo estudios, esta última é a sustancia que máis problemas acarrea. A capacidade desinhibidora das bebidas alcólicas alteran o noso sistema de control, provocando todo tipo de conductas. Existe unha relación directa entre o consumo de alcol e asuntos tan preocupantes coma os embarazos adolescentes, violencia, delitos... Así, mentres o consumo de drogas diminúe a posibilidade de control sobre a nosa conducta, as probabilidades de probar estas sustancias suben no caso de estar preto de alguén que as tome.
Acadar unha maior percepción por parte dos estudiantes do risco en relación co consumo de calquera droga é un dos obxectivos principais desta charlas. Os problemas que estas substancias poden acarrear abarcan aspectos sociais, legais, psíquicos ou físicos, que se prolongan a curto, medio e longo prazo.
Se queres saber máis sobre a labor da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes podes visita-la súa páxina web picando no seguinte enlace: