Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Pilar Moreno en Radio emBrión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

As entrevistas centran a programación de Radio emBrión no novo curso

Infobrion.com

Radio emBrión, a emisora escolar en liña do IES de Brión, continúa coa súa programación habitual, que este curso está a centrarse fundamentalmente nos programas de entrevistas a diferentes convidados que acoden con regularidade ao estudio desta radio estudantil.

Dentro da serie "Gústame o galego", un programa sobre o uso e dinamización da nosa lingua, achegáronse aos micrófonos radiofónicos a profesora de Latín do IES de Brión Esther G. Gerbolés e Ana Fernández, profesora de canto e baile tradicional nas escolas municipais. Dúas persoas comprometidas co seu traballo que se expresan habitualmente na lingua de Rosalía.

As alumnas Millena Barbosa Cardoso e Nastasia Martínez Grebennikova , de orixe brasileiro e ruso respectivamente, acudiron á radio escolar para contar unha morea de cousas sobre os seus países de orixe e a adaptación á súa nova residencia en Galicia. Os seus compañeiros e compañeiras Cristina Castro, Adan Maroñas e Pedro Pardiñas, de 2º ESO, foron os encargados de realizar a entrevista.

Pilar Moreno, profesora de Lingua inglesa no IES de Brión durante dezaoito anos,visitou Radio emBrión con motivo da súa xubilación para compartir con toda a audiencia numerosas anécdotas vividas ao longo da súa andaina profesional; dende o ano 1981 no colexio privado S. Pelayo (Doña Enma) en Compostela, o paso ao ensino público en Viveiro, Sta Comba, Negreira, Muros, Fontiñas en Santiago, ata chegar ao IES de Brión no ano 1999. Neste programa participaron os alumnos Xosé García e Iván Dosil.

Tamén destacaron as visitas á radio estudantil de Xurxo Raposo, integrante dos grupos de música tradicional Treixadura e Cantigas e Agarimos, e a ex alumna e actual estudante de Medicina, Jennifer Ruibal Mirazo. A última das entrevistas emitidas foi a que realizaron a María del Mar Sánchez as alumnas de Bacharelato Cristina Castelao e Carmen María Martínez. Aproveitando a súa visita ao estudio da radio escolar, María del Mar falou sobre a fe Bahai, de como coñeceu esta relixión e cales son os seus postulados, fundador, estrutura, países nos que se coñece, etc.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela