Como todos os anos, ao a remate do curso, o alumnado que cursa música no IES Brión participa no tradicional “Concerto de aulas”, no que cada unha dos grupos toca unha ou dúas partituras diante do público asistente, formado por alumnado de música de todos os cursos
Deste xeito, os mozos participantes convértense en instrumentistas e público á vez, aprendendo a respectar o traballo dos compañeiros a vez que escoitar ás voces musicais das outras persoas que integran a orquestra.
O concerto tivo lugar o xoves 16 de xuño a 3º e 4º hora, segundo o seguinte programa:
- 2º A Amoriños collín /Quedaches de vir as nove / Xa me dixo teu pai, Tradicional galega
- 2º ESO (A+B): Frei Santiago, unisón e canon a 4 voces.
- 2º B The sound of silence, Simon and Garfunkel (adaptación).
- 3º A Imitación e contrapunto. Microcosmos, Béla Bartók. Canto Moço (Jose Afonso)
- 3º B O pastor húngaro, Zoltán Kodály / Muiñeira mariñana, tradicional galega
- 4º A Gavota II ou Musette Suite inglesa nº 3., J.S.Bach
- 4º B Viva tutte le vezzose. Giardini
- 4º (A+B) A saia da Carolina, tradicional galega
Festa das letras e a música na Carballeira
Por outra banda, o día 25 de maio o IES de Brión celebrou na Carballeira de Santa Minia un acto conmemorativo das Letras Galegas vencellado ao ano das árbores e os bosques. Nel alumnos do centro realizaron diversas intervencións consistentes en diálogos, invencións, lendas, poemas e, como non, actuacións musicais.
A actuación estelar estivo a cargo do grupo de roqueiros “Vicky Polard”, que conta entre os seus membros con Xulián Sambade, alumno de 1º de Bacharelato. Para rematar, un nutrido grupo de instrumentistas do IES prepararon unha versión de “Miña Terra Galega” de Siniestro total (mítica versión do clásico “Sweet home Alabama”).
A agrupación estivo formada por guitarras eléctricas: Iván Bernárdez e Nacho González, 2º ESO; unha acústica: Antonio Dubert (1º ESO); un baixo eléctrico, Víctor Jiménez (2º ESO); dúas saxofonistas con saxos en mi bemol: Olga Bernárdez de 2º Bach. e Lucía Adeva de 2º ESO; un trombón: Roberto Ardións, 1º ESO); unha teclista: Mar Nieto, 4º ESO; un batería: David Pena, 1º Bach); un clarineto: Matheo Ze Thelem, 2º ESO; dúas traveseiras: Sara Arquero 2º Bach e Cloe Sacido, 2º ESO; un violín eléctrico: Ilduara Vicente, 3º ESO e 7 cantantes (Laura Grobas, Delia Núñez, Irimia Muelas de 1º Bach, Ana Bernárdez, 1º ESO, Carmen García, Bernice Finn e Lidia Sánchez Mata, profesoras de Educación física e inglés) O grupo, animado por un público moi entusiasta, puxo punto final a unha actividade estupenda.