Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
Homenaxe a Luciano Fernández Rueda
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Homenaxe a Luciano Fernández, director do IES de Brión durante 14 anos

Casa da Cultura. Concello de Brión

Despois dunha dilatada carreira profesional como docente, Luciano Fernández Rueda inicia nunha nova etapa da súa vida, a merecida xubilación. Director do IES de Brión durante os últimos catorce anos, Luciano deixa en Brión un importante legado no eido do ensino, pola súa labor como profesor e polo seu compromiso na creación e posta en funcionamento do novo centro de secundaria e das liñas de Bacharelato que este acolle.

O pasado 21 de novembro a comunidade educativa do IES de Brión rendeulle unha merecida homenaxe nun xantar celebrado no Hotel Balneario de Compostela (O Tremo-Os Ánxeles). Un emotivo acto ao que acudiron numerosas persoas, entre elas o alcalde de Brión, Xosé Luís García, que destacou o labor educativa de Luciano tanto na etapa de Esparís como no posterior traslado ao novo instituto que, como director, puxo a funcionar. Un difícil cometido no que o docente xa tiña experiencia previa, pois xa traballara na implantación dos institutos de Sar (Santiago), Cacheiras (Teo) e Bertamiráns (Ames).

Dende Infobrion.com queremos trasladar a Luciano os nosos parabén e mellores desexos nesta nova etapa da súa vida. Tamén transmitirlle o noso máis sincero agradecemento pola súa desinteresada colaboración con este portal, que dende a súa posta en marcha sempre contou co seu apoio incondicional. Moitas grazas, Luciano.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela