| 14/03/2007 | Creatividade a moreas no Antroido do IES Esparís |
|---|---|
| 04/12/2006 | Castañas, xogos e compras, menú do magosto do IES Esparís |
| 02/03/2006 | Festa de Antroido no IES Esparís |
| 14/02/2006 | San Valentín tamén se celebra no IES Esparís |
| 12/01/2006 | O IES de Esparís publica en InfoBrion as fotografías e crónica da celebración do magosto |
| 01/06/2005 | Letras Galegas 2005 no IES de Esparís |
| 21/02/2005 | Alumnos e alumnas do IES de Viceso elaboran unha reportaxe sobre a edición 2005 da festa de Entroido |
| 13/12/2004 | O Magosto no I.E.S. Esparís |
| 13/04/2004 | ¡Videos do Antroido 2004 no IES de Esparís! |
| 15/03/2004 | ¡Chegou ó Antroido ó I.E.S. de Esparís! |
| <Ant | 1 2 | Seg> |
O martes 25 de novembro o IES de Brión organizou un serán co fin de promover entre a comunidade educativa os xogos populares galegos. Os participantes puideron coñecer xogos dos que xa gozaron seus país e avós. A chave, a rá, a mariola… foron algúns destes pasatempos que ocuparon o tempo de lecer de rapaces e rapazas de varias xeracións.
Os xogos populares, como outros elementos culturais da nosa sociedade, teñen unha dimensión lúdica e outra educativa, sendo importantes á hora de fomentar a convivencia e a interrelación persoal dentro dun grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que vai máis alá dos aspectos lúdicos que comportan.
Sabedores disto, o equipo de Normalización lingüística do IES de Brión organizou o martes 25 de novembro unha actividade onde os xogos populares convertéronse en protagonistas por unha tarde, coa idea de dalos a coñecer e promovelos entre os alumnos e alumnas do centro.
Xa no pasado curso, co gallo do Magosto do instituto, organizárase unha pequena exposición de xogos e xoguetes tradicionais cedidos polo Museo Etnográfico do concello, que resultou un auténtico éxito, espertando a curiosidade entre alumnos e profesores.
Este curso retomouse esta idea, organizando un serán de xogos tradicionais para difundir entre os alumnos e alumnas o coñecemento dun patrimonio cultural que nas últimas xeracións se estaba a extinguir. Para tal empresa, contouse coa colaboración dun membro da Asociación Galega de Xogos Populares e Tradicionais que amosou a todos os participantes a tipoloxía e finalidade dos xogos populares galegos, parte fundamental dunha herdanza cultural a conservar.
Segundo palabras de Suso Sambade, profesor do Departamento de Lingua galega e Literatura do IES de Brión e coorganizador do evento: “En Brión aínda están vivos moitos xogos nos nenos e nenas das parroquias. Sen embargo, para os rapaces do mundo urbano resulta algo descoñecido, aínda que cheo de interese”
Entre as actividades que se fixeron destacaron o xogo da rá, o xogo da chave (cedidos pola Casa da Cultura de Brión), a mariola, a corda, a pelota de brilé, ou o tres en raia. Pola súa banda, o membro da asociación trouxo aros, o xogo de pescar a botella e os birlos.
A actividade acadou un enorme éxito, polo que, de seguro, volverá a organizarse en sucesivos cursos; pois temos a certeza que serviu para que moitos pequenos e pequenas sacasen o po a algún dos vellos xogos que aínda conservan seus pais nalgún escuro faiado.