Se a integración de Internet no IES Brión é evidente, máis evidente é aínda é a integración do IES Brión en Internet. Se probamos a introducir o nome do centro nun buscador da rede, as entradas que se atopan cóntanse por milleiros, se ben o máis chamativo de todo é que o centro conta, actualmente, con tres páxinas adicadas á información sobre as súas actividades. Por unha banda, a páxina informativa realizada polos propios profesores do centro e albergada na web da Consellería de Educación, http://centros.edu.xunta.es/iesdebrion/. Por outra, a sección de Ciberinstituto da nosa páxina web, InfoBrión; e por último, Maniotas, http://maniotas.cesga.es/, un sitio web adicado á materia de Educación Física, desenvolta por Carmen García, profesora desta asignatura no centro, e que conta cunha función específica para a participación e información dos seus alumnos e alumnas.
Este proxecto virtual leva a desenvolverse dende o pasado 2006 e pouco a pouco foi crecendo ata converterse nunha completa guía sobre a Educación física a nivel de Secundaria, pero tamén nunha fonte de información que inclúe materiais didácticos, probas ou apuntamentos. Plantexado para o intercambio con outros educadores e con persoas interesadas na materia, Maniotas é, ó mesmo tempo, unha canle de comunicación entre a propia Carmen e os seus estudiantes, quen poden descargar contidos, atopar novas ou participar activamente na evolución da páxina.
Consciente da importancia da introducción e uso das novas tecnoloxías no sistema educativo actual, Carmen creou un espazo propio con varios obxectivos. Facilita-lo proceso activo do ensino-aprendizaxe, aportar ferramentas de traballo e información ou promociona-lo uso da lingua galega, son só algúns dos propósitos desta web pioneira. Un proxecto que esperemos que sexa só o inicio dun cambio na forma de entende-la educación e a comunicación profesor-alumno.
Dende InfoBrión querémoslle da-la noraboa a Carmen por esta iniciativa e animala a continuar coa esta necesaria labor.
Para visitar Maniotas só tes que premer en calquera dos enlaces do texto.