Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 1  2  | Seg>
Separador
Semana da Música na gardería municipal
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Semana da Música na Escola Infantil de Brión

Infobrion.com

Os nenos e nenas da gardería municipal de Brión gozaron o xoves 21 de marzo dunha actuación especial a cargo de Borxa e Amparo, pai e nai de dúas cativas da gardería. Ámbolos dous improvisaron un dúo musical, tocando a gaita e a pandeireta, respectivamente. Así mesmo, Borxa empregou algúns dos monicreques que manexa na súa compañía Títeres Alakrán.

Trátase dunha das catro actuacións que tiveron lugar na Semana da Música da Gardería de Brión, unha iniciativa posta en marcha pola escola infantil brionesa para que os cativos se inicien no gusto á música e que conta coa colaboración desinteresada de ex-alumnos, pais e nais que comparten a súa arte cos pequenos. Así, os nenos e nenas asistiron a este concerto de pouco máis de 45 minutos nos que Borxa e Amparo interpretaron varias xotas e muiñeiras, aproveitando tamén para que os pequenos se acheguen aos distintos instrumentos: gaita, pandeireta, tambor...

A Semana da Música 2019 da gardería municipal de Brión iniciouse o luns, 18 de marzo, coa actuación de Cris, que cantou e tocou a guitarra; e continuou o mércores con Fran e Félix, que fixeron un ensaio do seu espectáculo "Saaaabor", con música en directo e trebellos de cociña. A iniciativa rematou o venres, 22 de marzo, coa actuación de Marcos e Rubén, dous integrantes da coñecida charanga "Os Celtas".

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela