Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Videoconferencia con Papá Noel na gardería municipal
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os nenos e nenas da escola infantil municipal realizan unha vídeo conferencia con Papá Noel

Casa da Cultura. Concello de Brión

O día 16 de decembro os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Brión puideron conversar con Papá Noel grazas a maxia das novas tecnoloxías. O entrañable anciá, a pesar do moito traballo que acumulaba nesas datas cheas de preparativos para agasallar con milleiros de presentes aos nenos de todo o mundo, non quixo faltar á súa cita anual cos meniños brioneses.

A videoconferencia, a través da que se estableceu conexión directa co fogar de Papá Noel máis alá do Círculo Polar Ártico, realizouse dende a mesma gardería, sen que os pequenos tiveran que desprazarse ata a Aula CeMit, como viña sendo habitual. A conexión, que se fixo vía Internet, funcionou sen problemas e Papá Noel apareceu en pantalla saudando ao nenos e nenas brionesas como se estivera na propia sala. Algo que debemos agradecer a Antonio Casal, responsable do telecentro brionés, que en todo momento supervisou o correcto desenvolvemento do evento.

A partir de aí comezaron as numerosas preguntas e peticións ao entrañable anciá por parte do inquedo auditorio que, a pesares da timidez inicial, axiña se atopou cómodo diante do micrófono. Pola súa banda, Papá Noel estivo moi receptivo e simpático, de chanza en todo momento cos nenos e pais asistentes. O que fixo que a experiencia da videoconferencia fose moi gratificante, tanto para os organizadores coma para os verdadeiros protagonistas, os nenos e nenas de Brión.

Ho, ho, ho, Felices Festas a todos!!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela