Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  | Seg>
Separador
Realidade aumentada na gardería municipal
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os nenos/as da gardería descobren a maxia do Nadal grazas á realidade aumentada

Casa da Cultura. Concello de Brión

Grazas ao Proxecto Andarela, un interesante programa educativo nado da colaboración entre a Escola Infantil Municipal e a Aula CeMit de Brión, os nenos e nenas da gardería puideron experimentar de preto os efectos da realidade aumentada. Da man de Antonio Casal, docente municipal en Novas Tecnoloxías, as divertidas sesións formativas celebráronse no centro educativo infantil os días 9 e 14 de decembro.

A través das ferramentas dixitais que ofrecen as novas tecnoloxías, os nenos e nenas viron sorprendidos coma os debuxos con motivos de Nadal que previamente colorearon nun simple papel en branco tomaban vida en tres dimensións na pantalla dunha tableta.

O que para os pequenos foi sen dúbida maxia, trátase na realidade dun efecto 3D creado pola interacción entre a cámara do dispositivo, que escánea a imaxe debuxada no papel, e unha aplicación que lle da vida a través dunha animación con música integrada. O resultado é realmente cativador, tanto para os máis pequechos como para os adultos que nos resistimos a perder ao neno que levamos dentro.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela