Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  | Seg>
Separador
Festa fin de curso na gardería 2015
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Festa de fin de curso na escola infantil municipal

Casa da Cultura. Concello de Brión

O venres, 19 de xuño, os nenos e nenas da escola infantil municipal de Brión celebraron a tradicional festa fin de curso que, aproveitando as excelentes condicións climáticas, celebrouse no exterior da gardería.

Para a tan especial ocasión, os nenos e nenas lucían con moita graza unhas garabatas de papel elaboradas por eles mesmos. Ao longo da semana tamén prepararon a decoración coa que vestiron o xardín da escola infantil para este tan esperado evento. En compañía de nais, pais, mestras e mestres, os meniños gozaron dunha divertida mañá chea de música, baile e moitas larpeiradas coas que adozaron o final do longo ano académico.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela