Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Os nenos da Escola infantil visitan a aula CeMit de Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Visita dos nenos da escola infantil á aula CeMit de Brión

Casa da Cultura

A pasada semana informamos da visita dun grupo de meniños da Gardería Municipal á Biblioteca Pública de Brión, concretamente o mércores 15 de abril. Esa mesma mañá, os pequenos tamén coñeceron as instalacións da Aula CeMit de Brión, lugar onde se imparten os programas de formación en Novas Tecnoloxías da Información que tan boa acollida están a ter.

Os pequenos, un total de corenta e dous nenos de entre dous e tres anos de idade divididos en dous grupos, visitaron alternativamente a aula CeMit e a biblioteca. Acompañados dos seus profesores, dúas alumnas en prácticas e maila directora da escola infantil, coñeceron o funcionamento e actividades que organiza este espazo. Antonio Casal, docente responsable do centro, preparoulles un divertido recibimento aproveitando os avanzados medios dos que dispón o telecentro brionés.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela