Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  | Seg>
Separador
Os meniños da gardería na biblioteca
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Visita á biblioteca municipal dos meniños da gardería

Casa da Cultura. Concello de Brión

O xoves 15 de abril, a BPM de Brión recibiu a visita dun grupo de meniños da gardería municipal que, acompañados polos seus mestres, dúas alumnas en prácticas e maila directora do centro, aproveitaron para coñecer as instalacións e servizos da biblioteca pública municipal con motivo da vindeira celebración do Día do Libro, o 23 de abril.

Un total de 42 nenos/as de entre 2 e 3 anos de idade, divididos en dous grupos, asistiron na sala de infantil da biblioteca a unha breve presentación a cargo do bibliotecario, que contou para esta tarefa coa inestimable colaboración de Paco Sifón, un tímido pero simpático camaleón que habita entre os libros desta sección.

Ademais de coñecer a historia do camaleón, os pequenos descubriron os centos de libros e milleiros de historias entre os que Paco habita, e nos que a diario procura a súa memoria perdida. O camaleón da biblioteca, máis agarimoso que nunca, pediulle aos pequechos que lle axudaran a atopar as vivas cores coas que lle gusta vestir. Por iso encargoulle ao bibliotecario que lle dera a cada neno unha imaxe súa para que a colorearan de volta na escola infantil.

Os meniños tamén aproveitaron a visita á Carballeira de Santa Minia para coñecer a Aula CeMit de Brión, situada na planta baixa do edificio da biblioteca. Alí, agardaba por eles Antonio, o profesor de Informática que lles ensinou as modernas instalacións onde a diario exerce a súa docencia.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela