Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Novas tecnoloxías na gardería municipal
Antonio Casal ensina aos meniños da gardería o u... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os meniños da gardería aprenden grazas ás novas tecnoloxías

Casa da Cultura. Concello de Brión

A gardería municipal de Brión está a familiarizar co uso das novas tecnoloxías a uns corenta meniños e meniñas de entre dous e tres anos. A pesar da súa corta idade, os pequenos desenvólvense no mundo das TIC mellor que moitos adultos.

O responsable desta precoz iniciación non é outro que Antonio Casal, coordinador das actividades formativas en TIC do Concello de Brión. Un profesional que despois de enganchar aos maiores de Brión ao mundo das redes sociais e a Internet, decidiu “pescar” a novos usuarios. E que mellor que dirixirse á Escola Infantil Municipal para facelo.

Antonio, que desempeña con grande éxito a súa labor formativa e divulgativa na Aula CeMit de Brión, tan ás súas costas unha longa experiencia no campo das TIC. Coñecen ben o seu maxisterio centos de veciños que ano a ano asisten ás diferentes accións formativas que dende o concello se realizan no mencionado centro.

Corenta pequenos en grupos de vinte, dous días á semana, teñen media hora de formación en TIC. Polo de agora, só xogan cunha pantalla táctil na que poden, por exemplo, identificar instrumentos musicais, obxectos da vida cotiá ou animais da granxa. Os sons que se activan con cada pulsación na pantalla táctil son estímulo máis que suficiente para que os pequenos non perdan detalle do que nela se reproduce. Un inmellorable xeito de aprender e familiarizarse ao mesmo cos dispositivos intelixentes que cada vez son máis frecuentes na vida cotiá.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela