Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
Festival Fin de Curso 2014
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

As nenas e nenos da gardería celebran o festival fin de curso

Concello de Brión

O venres 4 de xullo os nenos e nenas da gardería municipal de Brión celebraron o seu tradicional festival de fin de curso coa representación dunha pequena obra de teatro, “Moncho e a mancha”. Unha representación que correu a cargo dos vinte pequenos da Aula 6 (de entre 2 e 3 anos) e que este ano deixan a gardería para incorporárense ao colexio xunto con outros vinte cativos da Aula 5, que fixeron a súa representación o xoves 3 de xullo.


Durante algo máis de media hora, os pequenos escenificaron o conto “Moncho e a mancha”, de Kiko Da Silva. A obra conta a historia de Moncho, que o pintaba todo: a cama, a neveira, ao avó... Despois dunha xornada de traballo, tenta descubrir o significado dunha mancha negra sobre un papel en branco, atopando que cada persoa coa que se atopa lle dá unha impresión diferente. Os nenos e nenas ían caracterizados de acordo coas personaxes que representaban: mecánicos, varredores, electrodomésticos da casa, vacas, porquiños... Uns disfraces elaborados polos propios cativos na clase e coa colaboración dos seus mestres. Todo elo nun escenario de cartón preparado para a ocasión durante estas dúas últimas semanas.


A cada unha das festas asistiron medio cento de familiares (pais, nais, irmáns, avós e avoas...) así como o alcalde de Brión, Xosé Luís García. Os pequenos recibiron un agasallo e un diploma de “graduación”, antes de participaren nunha pequena festa con lambonadas e zumes para os pequenos e as súas familias.A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a importancia deste tipo de actividades “pois veñen os pais á gardería e ven como se traballa cos seus fillos. Para nós é moi importante manter sempre un contacto directo e habitual con eles”.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela