Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
Chegada á explotación gandeira
Visitamos unha granxa de vacas para comprobar como... [+]
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O leite: dende que se extrae da vaca ata que o consumimos.

GIS-T IDEGA e CEIP de Pedrouzos. Lucía Romero

Os alumnos de Educación Infantil de Escola de Pedrouzos visitaron unha explotación gandeira na parroquia de Brión e as instalacións da cooperativa Feiraco, coa finalidade de comprobar “in situ” cales son as diferentes etapas no tratamento do leite dende que se extrae da vaca ata que o consumimos no iogur, nos batidos ou na manteiga.

Para comprobar de primeira man o proceso do leite, os alumnos de Educación Infantil de Pedrouzos visitamos unha explotación gandeira na parroquia de Viceso o pasado venres 12 de marzo.
Para desprazarse contamos coa axuda de Mario que, gratuitamente levounos a todos nunha furgoneta do Concello de Brión.

Ó chegar á granxa de vacas recibiunos o dono da explotación. Unha vez dentro, puidemos ver cales son as primeiras fases no proceso do leite.
O primeiro foi darlle de comer ás vacas, xa que necesitan alimentarse para produciren o leite. ¡Tódolos nenos démoslle de comer herba seca ás vacas que están estabuladas!
Nun segundo paso, visitamos a sala de ordeño. Lugar a onde son dirixidas as vacas para extraerlle o leite mediante unhas máquinas que se adaptan perfectamente ós seus tetos.
Unha vez extraído o leite, almacénase nun enorme tanque de frío. Á espera de que un camión da cooperativa Feiraco veña a recollelo para continua-lo proceso.

Ansiosos por seguiren observando qué pasa co leite unha vez que é extraído das ubres das vacas, almacenado nos tanques de frío e levado por Feiraco...decidimos visita-las instalacións desta cooperativa seis días despois. Contando de novo coa axuda do Concello de Brión que nos facilitou a furgoneta conducida por Mario. Feiraco está situada no veciño concello de Ames, máis concretamente no lugar de Ponte Maceira, á beira do río Tambre. A entrada foi gratuíta e recibiunos unha persoa encargada das relacións públicas da cooperativa. Unha vez dentro fóronnos explicando como, unha vez que o leite chega da explotación gandeira que visitamos e de outras moitas, introdúcese nuns tanques enormes. Para que despois, mediante toda unha serie de máquinas seleccionen o leite para consumir en cartón ou o destinen para obter productos derivados como os iogures, os batidos ou a manteiga.
Puidemos comprobar como se introduce o leite nos cartóns na zona de empaquetado onde, numerosas máquinas se encargan de deixalo todo preparado para levar para as nosas neveiras e poder consumilo.
Finalmente decidimos comproba-los resultados de todo o proceso do leite tomando un iogur elaborado en Feiraco. ¡UMMM QUÉ RICO!

Repasemos o proceso de transformación do leite:
- A vaca necesita alimentarse para producir leite.
- O leite extráese da ubre das vacas na sala de ordeño.
- Almacénase nun tanque de frío para que se conserve fresco.
- O leite transpórtase en camións a unhas instalacións como as de Feiraco, onde se prepara para introducilo nos cartóns e empaquetalo para levar para as nosas casas.
Parte do leite é destinado para elaborar iogures, batidos, manteiga, etc.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela