Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
360º arredor de María Mariño
Patricia Arias, profesora de Lingua e Literatura G... [+]
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
28/05/2007 Charo Pita e Tim Bowley convidaron ós estudiantes do IES Esparís ó mundo dos contos Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
05/01/2006 Entrevista a Mariña Pérez Rei, profesora no IES Esparís Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
30/12/2005 Alumnos/as do IES de Esparís visitaron o Centro Arqueolóxico do Barbanza e a Rota dos Escritores en Rianxo Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
27/04/2004 Os sucesos de Brión nos comezos do século XX
Foros Relacionados

Patricia Arias achega a figura de María Mariño ós estudiantes do CEIP Pedrouzos

GIS-T Idega

Descrita por algúns dos seus coetáneos como "caracola perdida no Courel" ou "dinamiteira da fala", María Mariño foi unha escritora diferente e rompedora, tanto pola súa literatura como pola súa biografía. Así o reflexou Patricia Arias, profesora de Literatura e Lingua Galegas do IES Esparís, ademais de autora dun libro sobre a obra da poeta, durante unha charla impartida no CEIP Pedrouzos. Na Biblioteca do Centro de Infantil e Primaria reuníronse estudiantes e mestres co fin de aprender un pouco máis sobre a escritora homenaxeada no 44º Edición do Día das Letras Galegas.

Presentada por Alberto Álvarez, Patricia Arias deu comezo a unha charla que, polo seu ton e interese, ben podería ter sido unha sesión de contacontos. Dun conto triste, iso sí, xa que a vida de María Mariño foi difícil, tinxida, de cando en vez, de pequenas pingas de felicidade e afortunadas casualidades que actualmente nos permiten desfrutar da súa poesía. Utilizando imaxes e descripcións, Patricia Arias achegou ós rapaces á Noia de principios do século XX na que naceu a escritora. A cuarta de cinco fillos dunha familia humilde, a literatura de María está marcada polas dificultades económicas, que fixeron que comezara a traballar dende pequena, impedíndolle ter unha educación regular.

Cando contaba con 20 anos, os tíos de María herdaron un pazo en Boiro, suceso que cambiaría a súa vida. Alí marchou e alí atopou o seu sitio: a biblioteca da casa, lugar onde pasaría case todo o tempo. En Boiro coñeceu a un mestre de escola chamado Roberto Posse, con quen casaría e a quen seguiría polos seus diferentes destinos. Escarabote, Elantxove (Euskadi) e finalmente, O Courel, primeiro Romeor e posteriormente, Parada. Alí coñecería a quen sería o seu amigo e apoio literario, Uxío Novoneyra, quen animou a María a publicar o seu primeiro libro "Palabra no tempo". Nel aparecen algúns dos seus seños de identidade como escritora: dende a deconstrucción da linguaxe, que a leva a suprimir palabras, a colocar xuntos termos contradictorios ou a crear verbos a partir de adverbios; ata a temática emocional e egocéntrica, baseada nas súas vivencias, e marcada particularmente pola morte do seu único fillo. Patricia Arias resume o seu estilo deste xeito: "María Mariño escribe sobre sentimentos, sobre o que a ela lle pasa. Es on sentimentos un complexos... O que ela sinte dentro é tan complicado, que as palabras normais non lle serven para expresalo".

No ano 1965 diagnostícanlle unha leucemia, que a levaría dous anos máis tarde. Tempo durante o que, cando as forzas llo permiten, continúa a escribir, de tal xeito que remata o que sería o seu segundo libro en galego "Verba que comenza", publicado póstumamente, ademais de deixar dous textos en castelán.


Se queres saber máis sobre a vida e a obra de María Mariño, só tes que premer nos seguintes enlaces:

Cultura Galega

Galicia Espallada


Real Academia Galega


Libro sobre María Mariño

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela