Infobrion Correo Electrónico

Sapristi Teatro convidou ós pequenos do CEIP Pedrouzos a ‘’Unha merenda de Alicias’’

GIS-T Idega

Non era o día catro, nin eran as seis da tarde, nin moitos menos corría o ano 1862, pero as Alicias de Sapristi Teatro conseguiron trasladar ós cativos e cativas do CEIP Pedrouzos a este lonxano tempo para desfrutar dunha merenda máis que especial. Unhas flores moi espabiladas, un impuntual coello branco ou a raíña cun carácter "difícil" foron só algúns dos convidados que compartiron mesa e mantel coas Alicias ante as miradas sorprendidas e divertidas do alumnado de segundo ciclo de Primaria.

"Unha merenda de Alicias" reuniu a Alicia e Alicia, ou Patricia Vázquez e Nuria Sanz, que para este caso son o mesmo, quen se encargaron de enche-lo escenario dunha mestura de surrealismo, humor e fantasía nesta libre adaptación da popular historia de "Alicia no país das marabillas" saída da pluma de Lewis Carroll. O xantar amosou unha perspectiva diferente destas personaxes, dabondo coñecidas entre o público infantil, facendo que risas e exclamacións de sorpresa se escoitaran sair do patio de butacas.

E como toda comida precisa dunha preparación, unha elaborada unidade didáctica completa o programa deste espectáculo, para a súa mellor dixestión. Pensado para aplicar antes e despois da representación, a Compañía Sapristi ofrece unha mostra de diferentes actividades para levar a cabo nas aulas, centrándose en xogos para traballar na biblioteca dos centros e cancións preparadas para ser entonadas na sala de música. Material para profundizar nese país das marabillas que todos e todas deberiamos visitar de cando en vez.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela