Infobrion Correo Electrónico

Os pequenos do CEIP Pedrouzos coñeceron a “Historia dunha semente”

GIS-T Idega

Tras unha longa andaina, Caramuxo Teatro e a súa “Historia dunha semente” chegaron ó Centro Social Polivalente para facer rir e sorrir ós cativos e cativas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria do CEIP Pedrouzos. Esta representación teatral, enmarcada dentro das actividades da XVII Edición da Feira do Libro, encheu o escenario de flores, de sons e de animais, emulando unha natureza colorista coa que envolver un conto sobre a natureza e os seus cambios, centrándose na orixe e crecimento dunha maceira. Gracias á combinación da técnica de mans e ó traballo de actores, Caramuxo Teatro transportou ós asistentes a unha pradeira onde todo podía acontecer.

Todo comeza cunha búsqueda...¿De que? Pois case que nin os propios protagonistas o teñen moi claro... Sabemos que é algo pequeno e que chegará a dar froito. ¿Una semente quizais? Pois sí, porque este será o xerme dunha historia pola que pasarán galiñas ex-poñedoras, unha mosca na procura do seu moscardón azul, un sol e unha nube dos que non hai quen se fíe e un raposo famento... ¿Necesítase algo máis? Pois quizais moita imaxinación e todas as ganas de divertirse posibles, algo que comprobamos que tiñan dabondo os alumnos e alumnas do CEIP Pedrouzos, quen non pararon de rir e participar durante toda a representación.

Para coñecer máis proxectos de Caramuxo Teatro só debes premer no seguinte link:

http://www.caramuxoteatro.net/

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela