Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Teleconferencia con Papá Noel 2011
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
03/12/2011 Obradoiros de Nadal Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
02/12/2011 Nadal 2011: Felices festas!
Foros Relacionados
- Non hai

Teleconferencia con Papá Noel

Casa da Cultura. Concello de Brión

Un grupo de nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos visitaron o Telecentro de Comunicacións de Brión para participar nunha vídeo conferencia, vía Internet, con Laponia. Dito isto, é doado adiviñar quen estaba ao outro lado da liña,… nada máis e nada menos que o mesmísimo Papá Noel.

A pesar do moito traballo que acumula nestas datas, nas que se atopa en plenos preparativos para agasallar con milleiros de presentes aos nenos de todo o mundo, Papá Noel non quixo faltar á súa cita anual cos nenos brioneses, un acontecemento que pode realizarse grazas a que Brión é un concello pioneiro na implantación das novas tecnoloxías.

Con total puntualidade, as 10:30 h. estableceuse a conexión con Laponia. A pesar do temporal aquí, e do frío alí, o enlace funcionou sen problemas, Papá Noel apareceu en pantalla saudando ao nenos e nenas brionesas como se estivera na propia sala.

A partir de aí comezou a mare de preguntas e peticións ao entrañable anciá por parte do inquedo auditorio formado polos nenos e nenas brioneses, que a pesar da timidez inicial, axiña se atoparon cómodos diante do micrófono. Un dos asistentes, ao ser preguntado polo que lle ía a pedir a Papá Noel, respondeu insistentemente que nada. “E por que?” lle preguntaron, “Porque eu son dos Reis”, respondeu. Aí Papá Noel quedou un pouco descolocado.

A experiencia da tele conferencia foi un ano máis moi gratificante, tanto para os organizadores coma para os verdadeiros protagonistas, os nenos.
Felices Festas a todos!!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela