Infobrion Correo Electrónico

Alumnos de primaria do CEIP de Pedrouzos visitan a factoría Lácteos Pérez

InfoBrion

O pasado 10 de maio, alumnos e alumnas do CEIP de Pedrouzos tiveron a oportunidade de coñecer unha queixería ubicada en terras de Soneira (Santa Comba), que se dedica a elaborar distintas variedades de queixo, para fundir, de barra, tipo manchego e país, resaltando como non o queixo de tetilla. A aceptación dos seus productos non só se restrinxen ó mercado galego senón que venden no resto do estado e mais exportan ó estranxeiro. InfoBrion, unha vez máis, puido acompañar a unha das numerosas visitas pedagóxicas programadas polo CEIP de Pedrouzos. Esta vez, a saída didáctica foi para os nenos de educación infantil, de catro e cinco anos, acompañados das súas mestras Lucía e Vanessa. Esta fábrica comezou a súa actividade fai aproximadamente uns dez anos e na actualidade da emprego a vinte traballadores, todos eles orixinarios da Comarca do Xallas. A factoría está en funcionamento as vintecatro horas do día, sen interrupcións, elaborando numerosas variedades de queixo. Nada máis chegar, os nenos e nenas de Pedrouzos foron recibidos por Mercedes, a propietaria da fábrica. Esta, presentou a Fernando que sería o encargado de explicarlles o proceso completo da elaboración dos distintos tipos de queixo. Antes de entrar o interior, os visitantes tiveron que cubrirse con calzas e puchos por cuestións e hixiene. Dende este intre, xa se vía na faciana dos escolares, a curiosidade e impaciencia por ver o que alí estaba a acontecer. Fernando, explicáballes ós nenos mentres percorrían as instalacións da fábrica, o proceso de elaboración do queixo, dende a entrada do leite nos tanques, os laboratorios, os procesos de esterilización, frío, salazón e empaquetado.

Os nenos e nenas de Pedrouzos puideron ollar cómo se sacaba a gran cantidade de auga que ten o leite e os moldes empregados para facer os tan populares "queixos de tetilla". Tamén viron o proceso de salgado e as distintas variedades de queixo que comercializa esta empresa de Santa Comba. O Éxito desta saída didáctica quedou demostrado nas numerosas preguntas que os nenos lle facían a Fernando durante todo o percorrido pola fábrica.

Xa rematando a visita, e entre tanto queixo, comezaron a escoitarse peticións de degustación dos productos, para así poder comprobar a calidade dos mesmos e saciar o apetito que suscitou esta visita. Dado que se contaba con isto, o encargado da visita guiada traía varios queixos para que escolares e profesores degustaran os productos. Despois de picar ate a saciedade, os visitantes foron obsequiados con camisetas e puchas. Foi unha saída moi proveitosa onde os máis pequenos puideron coñecer as orixes dun dos productos habituais da gastronomía galega. Dende InfoBrion queremos agradecer ós propietarios de Lácteos Pérez a súa amable acollida así como felicitalos pola calidade dos productos que comercializan.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela