Infobrion Correo Electrónico

Celébrase unha nova edición da Carreira Pedestre do CEIP Pedrouzos

Infobrión

A axenda do CEIP Pedrouzos se atopa chea de eventos durante o mes de Maio. Ás citas tradicionais se lle engaden outras novas, pero a que nunca pode faltar nas xornadas previas á celebración do Día das Letras Galegas é a Carreira Pedestre do Centro. Nela participan tódolos alumnos e alumnas que o desexan, e xa no momento da competición son divididos por curso e por sexo. O lugar, o habitual, o Campo de fútbol ubicado a carón do centro, e nas gradas moitos espectadores, pais, nais, familiares, profesores e amigos que afoutaron a tódolos participantes.

Un ano máis, un Día das Letras Galegas máis e con el, unha Carreira Pedestre no CEIP Pedrouzos máis. Tódolos anos igual e tódolos anos distinta, diferentes nenos, diferentes motivacións e diferentes premios, pero sempre igual de divertida, de animada e de competitiva. Os e as participantes se apuntaron de forma voluntaria e sen presión, tal como insistía Julio, o seu profesor de Educación Física, para así desfrutar realmente da experiencia.

O tempo acompañou, a choiva se mantivo alonxada de Pedrouzos a pesar das ameazantes nubes que se achegaban á zona. O calor o trouxeron os moitos espectadores que enchían a tribuna, cos seus aplausos e berros de ánimo. A valoración xeral foi boa, a carreira non variou moito de anos anteriores, e todos se mostraron satisfeitos dos resultados. Nin caídas graves, nin lesións, nin incidentes. Tódolos concorrentes recibiron un diploma acreditativo, mentres que os cinco primeiros foron recompensados cunha medalla, excepto no caso dos alumnos de 6º, quen tiveron a honra de conseguir unha copa de cerámica cedida polo Concello.

Os partipantes, verdadeiros protagonistas e coñecedores da proba, tras finaliza-la mesma, opinaron e deron algúns consellos para que a carreira mellore. A impresión primeira e xeral foi que a competición se fixo demasiado longa algo que poidemos comprobar pola falla de alento da grande maioría dos participantes. Que debería cambia-lo circuito foi outro dos apuntes recollidos, ó igual que non se debería facer en area, xa que esta lles entra nos ollos mentres corren. Tamén houbo outras ideas, como que os nenos de 4º fagan un percorrido menor que os de 5º e 6º, e ata se chegou acenar que a carreira debería ser "mortífera", un todos contra todos, pero xa se sabe que nunca chove a gusto de todos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela