Os Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago organizaron o pasado sábado, 5 de maio, unha visita guiada aos lugares máis emblemáticos do legado rosaliano, dentro do proxecto común denominado "As Pegadas de RosalÃa"
Preto dun cento de veciños dos mencionados municipios visitaron os lugares emblemáticos da vida e do legado literario de RosalÃa de Castro. A ruta seguiu o itinerario deseñado polo intelectual Avelino AbuÃn de Tembra, recentemente recuperado polos catro concellos dentro do mencionado proxecto.
Este itinerario rosaliano comezou en Compostela, no Panteón de Galegos Ilustres, onde se atopan os restos da autora. Alà realizouse a primeira ofrenda floral do dÃa, xa que ademais do centro de flores depositado aos pés da tomba de RosalÃa, deixouse unha rosa en cada un dos lugares visitados, nunha clara referencia poética á autora.
A ruta proseguiu no termo municipal compostelán cunha visita á Praza de Vigo, onde RosalÃa residiu durante algún tempo. De seguido, os participantes trasladáronse ata o lugar de A Tarroeira (Ortoño, Ames), onde se atopa a casa paterna de RosalÃa e onde a autora pasou unha parte da súa primeira infancia.
A seguinte visita recalou no concello de Brión, concretamente na emblemática Igrexa de San Xiao de Bastavales, coñecida polas campás que protagonizaron un dos versos máis afamados da autora e que, nese dÃa tan especial, repicaron para recibir aos visitantes.
Pasado o mediodÃa, os excursionistas fixeron un pequeno descanso para comer. A parada produciuse no concello de Padrón, onde durante a tarde se realizaron visitas á estatua de RosalÃa situada no Espolón, á Casa Museo e á Colexiada de Iria Flavia.
A actividade finalizou na propia Colexiata cun concerto a cargo da cantante Anna Melikhova e a lectura dalgúns poemas. As persoas asistentes gozaron do percorrido e mostraron satisfacción polo desenvolvemento do mesmo e polas explicacións facilitadas polos guÃas, asà como polas actividades que complementaron a ruta, como foron a lectura de poemas, as visitas teatralizadas da man dunha actriz caracterizada como RosalÃa e a visita guiada á Casa Museo realizada polo presidente da Fundación, Anxo Angueira.