Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 1  2  | Seg>
Separador
"Transformando en Brión", protagonista no Pazo de Mariñán
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O proxecto Transformando en Brión, protagonista no Pazo de Mariñán

Gabinete de Prensa. Deputación da Coruña

En colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña organizou unha xornada sobre a creación de espazos de traballo colaborativo para o sacrificio de aves e coellos na que participaron numerosos expertos na materia.

Baixo a denominación "Espazos de traballo colaborativo para o sacrificio de aves e coellos: unha contribución á sustentabilidade das pequenas explotacións agrogandeiras", a xornada estivo dirixida a produtores do sector agrogandeiro, consumidores públicos e privados e ao persoal técnico de diferentes ámbitos como administracións públicas, vinculadas á produción neste sector, as universidades ou aos técnicos vinculados ao desenvolvemento rural e local. O evento levouse a cabo a través de diferentes conferencias, mesas de experiencias e unha dinámica de grupo que se prolongou durante todo o día.

O rexedor brionés, José Luís García, destacou a labor que se está a desenvolver no seu Concello a través do proxecto piloto enmarcado no marco do Plan de Emprego Local (PEL), concretamente no ámbito PEL Emprende: " 'Transformado en Brión' é un proxecto pioneiro para o sector primario da provincia, un apoio á sostenibilidade das pequenas explotacións e a produción artesanal. Trátase dun centro de coworking de ámbito supramunicipal, situado no centro comercial Monte Balado, que estará centrado no sector agrogandeiro e nos produtos ecolóxicos. É unha iniciativa pioneira na provincia coa que queremos facilitar o desenvolvemento de iniciativas empresariais nas comarcas de Compostela, Xallas e Barbanza, ao tempo que poñemos en valor a calidade e a diversidade dos nosos produtos agroalimentarios".

O proxecto supón a posta en marcha dun espazo colaborativo para o sacrificio de aves de pequenas explotacións agrogandeiras ligadas á venda directa e ao comercio de proximidade, de maneira que se asegure o cumprimento dos requirimentos hixiénico-sanitarios necesarios para a comercialización dos seus produtos. García explicou como remataría o proceso: "Despois, no espazo colaborativo de Monte Balado as granxas artesanais disporán do material preciso para o seu envasado e comercialización; para o que previamente terán que recibir a formación axeitada, sobre todo para garantir que o local mantense sempre nas mellores condicións hixiénico-sanitarias"

Na mesma liña, a gandeira francesa Emilie Jeannin promotora do matadoiro móbil francés "Le boeuf ethique" destacou: "É importante ter en conta aos provedores éticos, criadeiros de razas lactantes preocupados pola calidade da carne que producen e o benestar dos seus animais. Estes criadeiros queren participar nun sector ético que valora o seu traballo e o 'saber facer' artesanal de calidade".

Carme Freire, enxeñeira agrícola e labrega destacou a grande demanda existente: "Existe unha demanda crecente de colectivos de consumo: comedores escolares, grupos de consumo, mercados de venda directa en vilas e cidades, pequeno comercio e tendas especializadas en produtos caseiros e establecementos de turismo rural e de restauración aos que hai que atender".

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela