O popular humorista Pedro Brandariz visitou Brión o pasado venres para facernos pasar un inesquecible serán de risas con seu espectáculo “Profundizando na Galiza profunda”. Pedro é un dos cómicos galegos emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz achégase ao humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré …
O serán comezou ás 21 h. e prolongouse durante aproximadamente unha hora. O atraso de trinta minutos sobra a hora anunciada no cartel inicial vai ser habitual a partir de agora. Nas vindeiras actuacións de “Monólogos na Carballeira” os espectáculos comezarán sempre a esta hora. Trátase dunha modificación que atende á petición de moitos asistentes que rematan tarde de traballar.
A próxima semana continúan os monólogos con Boquete que nos vai convidar a “Carne ao caldeiro”. Tras un venres de descanso para recuperarnos de tantas risas, o 5 de xullo Víctor Grande pechara o cartel dos monólogos deste ano con “Non son o opinado para apropiar” Porque os venres en Brión son días de conto e comedia, seráns de risa para loitar contra o mal humor.